Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1996 pola que se anuncia a contratación do servicio de transporte de funcionarios dos servicios centrais da Xunta de Galicia, polo sistema de concurso e procedemento aberto.

Obxecto do contrato: a presentación do servicio de transporte de funcionarios dos servicios centrais da Xunta de Galicia.

Prazo de execución: un ano.

Orzamento: 27.000.000 de ptas.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 540.000 ptas.

Fianza definitiva: 1.080.000 ptas.

Clasificacion que se esixe: grupo III, subgrupo 9, categoría B.

Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día 17 de abril de 1996.

Apertura de proposicións: en acto público, ás trece horas do día 22 de abril de 1996, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

O importe deste anuncio correrá a cargo do adxudicatario que deberá aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

1881