Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.698

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1996, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai público o lugar, a hora e a data do inicio da proba escrita da fase de oposición do concurso-oposición para o acceso ó corpo de inspectores de educación, en quenda especial.

En cumprimento do disposto no punto 6.2º da Orde do 6 de febreiro de 1996 (DOG do 21) pola que se convoca concurso-oposición para o acceso ó corpo de inspectores de educación, en quenda especial, esta dirección xeral, por proposta do tribunal correspondente, resolveu facer público o lugar, a hora e a data do inicio da proba escrita:

Lugar: Escola Galega de Administración Pública. Polígono das Fontiñas, s/n. 15703 Santiago de Compostela.

Hora: 11 horas.

Data: luns, día 25 de marzo de 1996.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1996.

Jaime García García

Director xeral de persoal

2124