Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.689

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 14 de febreiro de 1996 pola que se convoca o XII Concurso Galego de Banda Deseñada Xuventude-96.

O Real decreto 2434/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura, especifica no seu anexo I.B.3.h que aquela asume as competencias de promoción e organización de actividades de animación sociocultural no ámbito artístico, artesanal, turístico e de aire libre, dirixidas ós sectores da xuventude, infancia, terceira idade e sectores marxinados.

Neste marco competencial, o ámbito cultural e artístico no que respecta á xuventude é compartido conxuntamente polas consellerías de Familia, Muller e Xuventude, que a través da Dirección Xeral de Xuventude desenvolve o programa fomento da actividade xuvenil, figurando entre os seus obxectivos básicos promociona-la actividade cultural e artística entre a nosa xuventude, e a Consellería de Cultura, a través da súa Dirección Xeral de Cultura, que tén entre outras funcións a de colaborar no desenvolvemento do teatro, a danza, artes líricas e da imaxe, así como a promoción das artes plásticas e populares, de acordo co Decreto 2/1994, do 13 de xaneiro e o Decreto 49/1994, do 4 de febreiro, polos que, respectivamente, se establece a estructura orgánica que cada unha das ditas consellerías.

Polo exposto, a Consellería de Familia, Muller e Xuventude, consciente da importancia que ten facilitar vías polas que poida manifestarse a actividade e inquedanza artística individual e colectiva da

xuventude galega, e contando coa colaboración da Consellería de Cultura dada a natureza das actividades a realizar, convoca unha serie de certames, concursos e mostras que abranguen un amplo abano de manifestacións de carácter artístico e artesanal e que constitúen o programa certames e mostras Xuventude-96. Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Familia, Muller e Xuventude convoca o XII Concurso Galego de Banda Deseñada Xuventude-96, segundo as bases que se establecen no anexo I desta orde, onde se regulan os aspectos relativos á participación, condicións xerais que van rexer na respectiva convocatoria, inscricións, desenvolvemento, premios e xurado.

Artigo 2º

O certame obxecto da presente convocatoria desenvolverase a través das delegacións provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude coa colaboración das delegacións provinciais da Consellería de Cultura.

Artigo 3º

As actividades que impliquen o desenvolvemento deste certame serán custeadas con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.355B.640.1 dos orzamento xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1996.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 1996.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO I

XII Concurso Galego de Banda Deseñada Xuventude-96

I. Participantes.

Mozas e mozos galegos ou residentes en Galicia con idades comprendidas entre 14 e 30 anos, cumpridos durante o ano 1996, en grupo ou individualmente.

II. Condicións xerais.

1. A temática será libre, con textos en galego, que terán carácter de inéditos.

2. A técnica pode ser calquera, feita en branco e negro ou en cor.

3. O formato deberá ser DIN A-4 ou DIN A-3, e a súa extensión entre 2 e 6 páxinas inclusive.

4. Cada autor ou autores poderán presenta-las obras que desexen.

5. Cada obra deberá levar lema e título.

6. Xunto coas obras deberá entregarse un sobre pechado co lema ou lemas escritos no seu exterior, figurando no seu interior o boletín de inscrición que se indica no anexo III cos datos do autor ou autores, fotocopia do(s) DNI por ámbalas dúas caras ou da folla correspondente do libro de familia, e currículum.

7. A organización non se responsabiliza de posibles roturas ou extravíos das obras. Non obstante a Dirección Xeral de Xuventude subscribirá unha póliza que asegure as obras, de ata un máximo de 100.000 pesetas por obra.

8. A Dirección Xeral de Xuventude editará unha revista coas obras que sexan seleccionadas.

III. Inscricións.

As solicitudes deberán formularse no impreso normalizado que se indica no anexo II.

Os participantes deberán presenta-las obras xunto coa solicitude e o sobre pechado no Servicio de Xuventude da delegación da Consellería de Familia, Muller e Xuventude correspondente á provincia na que os interesados residan habitualmente, que pode ser en:

R/ Ronda de Fingoi, s/n, 27002 Lugo.

Avda. da Habana, 81, baixo, 32004 Ourense.

R/ Durán Loriga, 9-1º, 15003 A Coruña.

R/ Benito Corbal, 47-2º, 36001 Pontevedra.

Antes do día 2 de setembro de 1996.

IV. Desenvolvemento.

-Fase provincial.

De entre tódolos traballos presentados en cada provincia o xurado procederá a seleccionar aqueles que pola súa calidade consideren merecentes de concurrer á seguinte fase.

-Fase autonómica.

O xurado seleccionará os mellores traballos, que serán expostos na Casa da Xuventude de Ourense no mes de outubro de 1996, premiando aqueles que pola súa calidade e orixinalidade consideren oportunos.

V. Premios.

Establécense os seguintes premios:

1º 100.000 pesetas.

2º 75.000 pesetas.

3º 50.000 pesetas.

4º 25.000 pesetas.

Concederánse tamén seis accésit de 15.000 pesetas, así como un diploma a tódolos participantes seleccionados na fase autonómica, que acredite a súa participación neste Certame Galego de Banda Deseñada.

VI. Xurado.

A xuízo do xurado, e segundo a calidade da obra, poderanse deixar desertos algúns premios.

As contías dos premios serán únicas e indivisibles.

O xurado da fase autonómica será nomeado polo director xeral de Xuventude e polo director xeral

de Cultura e estará composto por persoas cualificadas no campo artístico, recaendo a secretaría nun funcionario da Delegación Provincial de Familia, Muller e Xuventude de Ourense.

Conta a decisión do xurado non se poderá recorrer.

2197