Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.668

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1993, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 3192 A.T.).

Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo-Cidade de Viveiro, 4, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencia da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria,

Esta delegación provincial resolveu autorizar a Begasa a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:

Liñas de media tensión 20 kV, de 293 e 557 metros de lonxitude, conductor LA-30, apoios de formigón e torres metálicas, orixe na L.M.T. Vivero-Xerdiz e na L.M.T. a Valcarria e final nos centros Naseiro e Sobrado. Centros de transformación de 50 kVA 20 kV, 380/220 V, torre metálica. Liñas de baixa tensión, conductores R.Z.-95-50-25 apoios de formigón ou sobre fachada, para melloras da subministración na parroquia de San Pedro, concello de Viveiro.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regu

lamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Lugo, 15 de abril de 1993.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

96-1488