Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 22 de marzo de 1996 Páx. 2.665

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de marzo de 1996 pola que se fan públicas as axudas económicas concedidas para os proxectos e os traballos dos equipos de normalización lingüística e de potenciación do uso do galego dos centros educativos de educación infantil, primaria, xeral básica, especial e permanente de adultos, e de bacharelato, formación profesional e institutos de educación secundaria e profesional, respectivamente, convocadas por unha Orde do 10 de outubro de 1995.

Vistas as propostas formuladas nas actas das comisións constituídas nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na Coruña, en Lugo, en Ourense e en Pontevedra, ó abeiro do disposto no artigo 5 da Orde do 10 de outubro de 1995, pola que se convocan axudas económicas para os proxectos e os traballos dos equipos de normalización lingüística e de potenciación do uso do galego nos centros educativos de educación infantil, primaria, xeral básica, especial e permanente de adultos, e de bacharelato, formación profesional e institutos de educación secundaria e profesional, respectivamente (publicada no DOG nº 239, do 15 de decembro de 1995), e en aplicación do disposto no artigo 9 da mesma orde,

RESOLVO:

Adxudicarlles ós centros que a seguir se citan as cantidades que se especifican canda cada un deles:

PROVINCIA DA CORUÑA

PROVINCIA DE LUGO

PROVINCIA DE OURENSE

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 1996

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

96-2153