Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 1996 Páx. 2.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1996, da Dirección da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, pola que se anuncian os concursos públicos 2/1996 e 3/1996 para a contratación do servicio de limpeza e desinfección dos centros de saúde de Muros e Vite.

A Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso público polo procedemento aberto e trámite urxente para a contratación do servicio de limpeza e desinfección do centro de saúde de Muros e centro de saúde de Vite:

1. Obxecto e orzamento.

1.1. Contratación do servicio de limpeza e desinfección do centro de saúde de Muros concurso público 2/1996, por un orzamento total máximo para un ano de tres millóns seiscentas mil pesetas, (3.600.000 ptas.).

1.2. Contratación do servicio de limpeza e desinfección do centro de saúde de Vite concurso público 3/1996, por un orzamento total máximo para un ano de catro millóns duascentas mil (4.200.000 ptas.).

2. Prazo de execución.

A prestación do servicio deberá comezar no prazo de 30 días, como máximo, contado desde a data

de notificación da adxudicación e rematará o 31 de decembro de 1996.

3. Admisión de variantes.

Non se admiten.

4. Solvencia económica e financeira.

Xustificarase mediante o previsto no apartado a) do Art. 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

a) Se por razóns xustificadas un empresario non pode facilita-las referencias solicitadas poderán acredita-la súa solvencia económica e financeira por calquera outra documentación considerada como suficiente pola Administración, conforme o estipulado no Art. 16 da Lei 13/1995.

5. Solvencia técnica acreditativa.

Xustificarase mediante a documentación dos documentos que se mencionan no apartado b) do Art. 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

6. Criterios de adxudicación.

1.-Prezo: a calidade técnica da oferta na que se avaliará.

2.-Nº de persoas que se farán cargo do servicio de limpeza.

3.-Programación do seguimento control e avaliación do servicio.

Para a valoración a asignar no punto 2 considerarase:

-A distribución do persoal.

-O plan de substitucións e vacacións.

Todos e cada un dos criterios indicados ponderaranse de 1 a 5 puntos.

7. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Sección de Contratación Administrativa da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, sito na rúa Santiago León de Caracas, nº 12, 15701, nos días de luns a venres desde as 9 ata ás 14 horas, ou ó teléfono (981) 59 36 23 Ext. 217 e Fax (981) 59 66 20, durante o prazo de admisión das proposicións.

8. Fianzas.

Provisional: o dous por cento do orzamento da licitación, que se constituirá conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da xerencia, antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

10. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas realizaraa pola Mesa de Contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, ás 10 horas do undécimo día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán presenta-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1996.

Manuel Domínguez Sardiña

Director xerente de Atención Primaria de Santiago de Compostela

2076