Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 1996 Páx. 2.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa no termo municipal de Pontedeume, así como a aprobación do proxecto de autorización de instalacións para a conducción e subministración de gas natural para usos industriais denominado «Gasificación de Galicia: ramal a Ferrol», promovido pola empresa Enagás, S.A.

De acordo co disposto na Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 39 da Lei de procedemento administrativo e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, Lei 11/1985, do 22 de agosto, de adaptación da do solo a Galicia e demais normativa específica de aplicación e para os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e

resolución única do procedemento, sométese a información pública o proxecto de concesión administrativa no termo municipal de Pontedeume e autorización de instalacións «Gasificación de Galicia: ramal a Ferrol», para a distribución de gas natural para usos industriais, declarado de utilidade pública polo artigo 10 da citada Lei 10/1987.

Peticionario: Enagás S.A., con enderezo en Madrid, Avda. de América, nº 38, titular das concesións administrativas outorgadas por orde do conselleiro de Industria e Comercio do 12 de marzo de 1993 e Orde do 1 de marzo de 1994 do Ministerio de Industria para a prestación do servicio público de conducción e subministración de gas natural para usos industriais en diversos termos municipais da provincia de A Coruña, entre outros, Fene, Neda, Irixoa, Monfero e Cabanas polos que discorrerá o gasoducto ramal a Ferrol.

Obxecto da petición: concesión administrativa no termo municipal de Pontedeume e autorización das instalacións previstas no proxecto de ramal a Ferrol, para a conducción e subministración de gas natural para usos industriais.

Descricion das instalacións:

Posición I-014. Orixe do ramal a Ferrol, sita no termo municipal de Irixoa.

Posición I-014.1 e I014.2. Válvulas de seccionamento de accionamento manual sitas nos termos municipais de Monfero e Cabanas respectivamente.

Posición I-014.3. Válvulas de seccionamento telemandada e ERM para a subministración a Ferrol, sita no termo municipal de Neda.

A lonxitude total do ramal é de 29.514 m de 8'' de diámetro (80 bars). Tubería de conexión coa rede: 105 m, 12'' de diámetro (16 bars).

A tubería será de aceiro ó carbono de 8'' de diámetro, en longos dobres comerciais, fabricada segundo a especificación básica API 5L, con soldadura lonxitudinal e/ou helicoidal, por dobre arco somerxido. A calidade do aceiro será X-42, cun límite elástico mínimo garantido e de 289 MPa e a carga de rotura de 413 MPa. Para a tubería de 12'' de conexión coa rede de Ferrol utilizarase aceiro grao B, cun límite elástico mínimo garantido e de 241 MPa e a carga de rotura de 413 MPa.

Instalacións auxiliares:

-Válvulas de seccionamento.

-Válvulas de acometida.

Acometida eléctrica:

O ramal a Ferrol soamente ten necesidade de enerxía eléctrica para alimenta-la estación de regulación e medida sita na Posición I-014.3, tomando enerxía eléctrica en B.T. dun C.T. que se alimenta da LMT a construír, a 15/20 kV, con orixe no apoio nº 6 da LMT de Unión Fenosa -derivada ó C.T. Rabadeña-, e unha lonxitude de 412 m, en conductor LA-56 de 54,6 mm.

O centro de transformación á intemperie estará sito no interior da posición I-014.3, en Neda, sobre apoio de formigón vibrado HVH de 13 m de altura libre, de 25 kVA de potencia e relación de transformación 15-20/0,400-0230 kV.

Municipios afectados:

Irixoa (6.807 m), Monfero (11.698 m), Pontedeume (3.300 m), Cabanas (3.160 m), Fene (4.402 m) e Neda (147 m).

Orzamento: 590.851.891 ptas. (cincocentos noventa millóns, oitocentas cincuenta e unha mil oitocentas noventa e unha pesetas)

Afección a terreos particulares:

Un.-Expropiación forzosa en pleno dominio dos terreos sobre os que se construirán as instalacións fixas en superficie.

Dous.-Para as canalizacións:

a) Imposición de servidume permanente de paso, nunha franxa de terreo de catro metros de largo, ó longo do gasoducto, por onde discorrerá soterrada a tubería ou tuberías que se requiran para a conducción do gas e que estará suxeita por razóns de seguridade ás seguintes limitacións do dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a 50 cm, así como de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a 2 m, contada desde o eixe da tubería.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras ou efectuar acto ningún que poida danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a 10 m do eixe do trazado, a un e outro lado del. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que en cada caso fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como de realiza-las obras en superficie ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

b) Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se fará desaparecer todo obstáculo.

Tres.-Para o paso de cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:

a) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreno de 1 m de largo a cada lado do eixe da gabia, por onde discorrerán soterrados os cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica, que estará suxeita ás seguintes limitacións:

-Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a una profundidade superior a 50 cm.

-Prohibición de plantar árbores ou arbustos así como o dereito a talar ou arrinca-las árbores ou arbustos que houbera a distancia inferior a 1,5 m a cada lado do eixe das instalacións.

-Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construcción ou edificación nunha franxa de 3 m de largo, 1,5 m a cada lado do eixe das instalacións.

-Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacción con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

b) Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación, e na que se poderá facer desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións e elementos anexos, executando as obras ou operaciones precisas para os ditos fins.

Catro.-Para as liñas eléctricas:

a) Servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de 1 m a cada lado do eixe da liña que implicará libre acceso do persoal e elementos nece

sarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

b) Servidume permanente de voo nunha franxa de 15 m centrada co eixe da liña na que se establecen:

-Prohibición de levantar edificacións ou construccións de calquera tipo e de efectuar actos que poidan dana-lo bo funcionamento da liña, a unha distancia inferior a 7,5 m do eixo da liña de postes do tendido.

-Prohibición de plantar árbores con altura máxima superior a 4 m a unha distancia inferior a 3 m do eixe da liña de postes do tendido.

c) Ocupación temporal da superficie que se determina para cada predio nos planos parcelarios para poder realiza-las obras necesarias.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións, nun prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, na Dirección Xeral de Industria, edificio San Caetano, en Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial desta consellería en La Coruña, Edif. Servicios Múltiples, 1ª Planta, Monelos, onde poden examiña-lo proxecto.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados

Proxecto: ramal a FerrolProvincia: A CoruñaConcello: Irixoa

Abreviaturas utilizadas: SE-Expropiación en Dominio, SP-Servidume de Paso, OT-Ocupación Temporal

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados por liñas eléctricas

Proxecto: ramal a FerrolProvincia: A CoruñaConcello: Irixoa

Abreviaturas utilizadas: SE-Expropiación en Dominio, SP-Servidume de Paso, OT-Ocupación Temporal

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados

Proxecto: ramal a FerrolProvincia: A CoruñaConcello: Monfero

Abreviaturas utilizadas: SE-Expropiación en Dominio, SP-Servidume de Paso, OT-Ocupación Temporal

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados

Proxecto: ramal a FerrolProvincia: A CoruñaConcello: Pontedeume

Abreviaturas utilizadas: SE-Expropiación en Dominio, SP-Servidume de Paso, OT-Ocupación Temporal

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados

Proxecto: ramal a FerrolProvincia: A CoruñaConcello: Cabanas

Abreviaturas utilizadas: SE-Expropiación en Dominio, SP-Servidume de Paso, OT-Ocupación Temporal

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados

Proxecto: ramal a FerrolProvincia: A CoruñaConcello: Fene

Abreviaturas utilizadas: SE-Expropiación en Dominio, SP-Servidume de Paso, OT-Ocupación Temporal

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados por liñas eléctricas

Proxecto: ramal a FerrolProvincia: A CoruñaConcello: Fene

Abreviaturas utilizadas: SE-Expropiación en Dominio, SP-Servidume de Paso, OT-Ocupación Temporal

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados por liñas eléctricas

Proxecto: ramal a FerrolProvincia: A CoruñaConcello: Neda

Abreviaturas utilizadas: SE-Expropiación en Dominio, SP-Servidume de Paso, OT-Ocupación Temporal

9602056