Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 1996 Páx. 2.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación dos expedientes 404/1996 e 405/1996.

Expediente número: 404/1996

Obxecto: ampliación planta semisoto. F. Filosofía.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 27.373.116 ptas. IVE incluído.

Garantía provisoria: 547.462 ptas.

Clasificación: grupo C, subgrupos 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9, categoría C.

Prazo de execución: 3 meses

Expediente número: 405/1996

Obxecto: acondicionamento da aula magna F. Química.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 5.552.736 ptas. IVE incluído.

Garantía provisoria: 111.054 ptas.

Clasificación: grupo C, subgrupos 1, 4, 6, 8 e 9, categoría A.

Prazo de execución: 2 meses.

Subministracións.

Expediente número: 004/1996

Obxecto: subministración e colocación de butacas anatómicas na aula magna. F. Química.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 16.336.860 ptas. IVE incluído.

Garantía provisoria: 326.737 ptas.

Prazo de entrega: 2 meses.

Expediente número: 006/1996

Obxecto: equipamento da cociña do comedor do Pazo de Fonseca.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 9.445.315 ptas. IVE incluído.

Garantía provisoria: 188.906 ptas.

Prazo de entrega: tódolos equipos, mobiliario, etc, deberán estar perfectamente instalados e en situación de uso o próximo día 15 de maio de 1996

Servicios

Expediente número: 642/1996

Obxecto: servicio de cafetería. Escola de empresariais.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Canon mínimo: 650.000 ptas./ano.

Estes expedientes foron declarados de tramitación urxente por Resolución do 13 de marzo de 1996.

A capacidade de obrar, solvencia técnica e solvencia económica acreditarase de acordo co disposto no pregos de cláusulas administrativas particulares.

Os criterios que se utilizarán para a adxudicación dos contratos son os que figuran nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

A documentación para participar no concurso poderá ser consultada ou retirada na copistería COPYNINO, r/ Xeneral Pardiñas, 2, Galerías, Santiago de Compostela.

As propostas presentaranse nos rexistros xerais da universidade (rectorado, Praza do Obradoiro s/n, Santiago de Compostela ou no rexistro do campus universitario de Lugo, situado no polígono de Fingoi,

s/n pavillón 4 do complexo da facultade de Veterinaria de Lugo).

O prazo de presentación das proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A mesa de contratación reunirase o terceiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións, se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil, ás 12 horas da mañá, na sala de xuntas da Casa da Balconada, Rúa Nova, 6 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 1996.

P.D.

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

2078