Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 1996 Páx. 2.599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1996 pola que se convoca poxa, con procedemento aberto, de propiedades municipais no polígono de Mato Grande.

Acordado por este concello o alleamento de propiedades municipais mediante poxa pública, e a aprobación do correspondente prego de condicións, expúxose este ó público durante o prazo de oito días

hábiles que determina o artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1996, do 18 de abril, sen que fose obxecto de reclamacións, polo que se anuncia a licitación conforme as seguintes condicións:

Obxecto desta poxa.-O alleamento das propiedades municipais que se relacionan a seguir:

Polígono de Mato Grande:

Cuarteirón M-1 do proxecto de compensación.

SoarAproveitamentoValor urbanístico

A4318,04185.597.995 ptas.
B2916,57125.360.012 ptas.
C3027,85130.983.392 ptas.

Cuarteirón M-4.

SoarAproveitamentoValor urbanístico

A3855,75165.727.864 ptas.
B3310,25142.281.165 ptas.
C2440,875104.913.689 ptas.
D2440,875104.913.689 ptas.
E3310,25142.281.165 ptas.

O tipo de licitación ou valor en venda faise coincidir co valor urbanístico.

Forma de presenta-los pregos: os pregos presentaranse en sobre pechado, que levará escrito no anverso o seguinte: «Proposición para optar á poxa de compra de oito soares de propiedade municipal no polígono de Mato Grande».

O depósito que como fianza provisional deberá constituírse para tomar parte na poxa será do 2% (dous por cento) do tipo da licitación para cada unha das parcelas que se poxan, admitíndose a dita fianza en calquera das formas establecidas no Art. 36 da Lei de 1995, de contratos das administracións públicas.

O metálico, valores ou avais, depositaranse na Caixa Xeral de Depósitos ou nas súas sucursais, ou nas caixas ou establecementos públicos equivalentes da Comunidade Autónoma ou na caixa deste concello.

Prazo de exposición ó público: durante os vinte días de prazo para a presentación de pregos estará de manifesto o expediente para ser examinado polo público no Servicio Municipal de Urbanismo.

Apertura de pregos: a mesa de contratación cualificará previamente os documentos presentados en tempo e forma e procederá en acto público á apertura das ofertas admitidas e á proposta á Comisión de Goberno da adxudicación do contrato.

A proposta de adxudicación non crea dereito en favor do adxudicatario proposto, fronte á Administración, mentres non se adxudique o contrato por acordo do órgano de contratación.

Pagamento: o pagamento o do prezo de adxudicación farse efectivo dentro dos quince días seguintes á notificación do acordo de adxudicación definitiva.

Realizado o ingreso, o adxudicatario entrará en posesión do soar.

A Coruña, 13 de marzo de 1996.

P.D.

O Alcalde

Rubricado

2038