Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 1996 Páx. 2.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

APROBACIÓN inicial dun proxecto de urbanización en Gandarío-Ouces.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 7 de marzo de 1996, o proxecto de urbanización en Gandarío-Ouces, por instancia de Manuel Mariñas Castro e outros C.B., de acordo co que establece o artigo 117 do texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, queda exposto o expediente na secretaría municipal, durante o prazo de quince días, nos que pode ser examinado e alegar todo aquilo que se considere pertinente.

Bergondo, 11 de marzo de 1996.

O alcalde

Rubricado

1238