Obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de modificacións singulares en pavimentos. (Ref. 096/9).
Orzamento: 9.999.872 pesetas (IVE incluído).
Garantías: provisional: 200.000 pesetas; definitiva: 4% do orzamento.
Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:
«D./Dna..., veciño/a de..., con enderezo en..., provisto/a de DNI nº..., en representación de..., con enderezo en ... (ou en nome propio), informado/a do anuncio de poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de modificacións singulares en pavimentos e dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído).
En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co recibo que xunto.
Data e sinatura do propoñente».
Presentación de proposicións: presentaranse en dous sobres pechados en horas de 9 a 13 no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo (neste caso logo de cumpri-los requisitos sinalados no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación), no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogrado ó día hábil seguinte.
Nos anversos dos sobres consignarase: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de modificacións singulares en pavimentos».
Pregos de condicións: poderán ser examinados e retirada copia da Unidade de Obras e Concesións, 2º andar do pazo municipal, praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña, Tfno. 18 42 19, ou na copistería que se indique nesta oficina municipal.
Apertura de plicas: apertura das proposicións económicas será realizada pola mesa de contratación en acto público e terá lugar na Casa Consistorial ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación, que no caso de resultar sábado, se entenderá prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.
A Coruña, 6 de marzo de 1996.
P.D.
O Alcalde
Rubricado
2035