Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 1996 Páx. 2.597

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se publican as adxudicacións dos contratos de subministracións e asistencia técnica que se relacionan, realizadas durante o ano 1995.

Para os efectos previstos no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acordou darlles publicidade ás adxudicacións dos contratos que a continuación se relacionan:

Adquisición de equipamento técnico por lotes destinado ós centros de seguridade e hixiene.

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Lote 1: equipo de mostraxe para ruído.

Adxudicatario: Brüel Kjaer Ibérica, S.A.

Orzamento: 848.925 ptas.

Lote 2: microscopio triocular.

Adxudicatario: Vorquímica, S.L.

Orzamento: 759.165 ptas.

Lotes 3: bombas de mostraxe para vapores orgánicos, mostreador stress térmico e dosímetros de ruído.

Adxudicatario: Nusim, S.A.

Orzamento: 2.396.669 ptas.

Lote 4: analizador fotométrico de auga.

Adxudicatario: Vorquímica, S.L.

Orzamento: 1.590.360 ptas.

Lote 5: espirómetro, oscilómetro e ergómetro.

Adxudicatario: deserto.

Adquisición de material informático destinado á Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Adxudicatario: Fujitsu España, S.A.

Orzamento: 7.021.356 ptas.

Asistencia técnica dunha campaña informativa de seguridade e hixiene no traballo no sector da construcción.

Sistema de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Adxudicatario: Canal Uno de Comunicación, S.L.

Orzamento: 8.992.320 ptas.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 1996.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

1446