Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 1996 Páx. 2.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA de notificación do 21 de febreiro de 1996, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de resolución en expedientes sancionadores (C-1025/1995 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novem

bro de 1992), notifícase ás persoas que a continuación se relación se relacionan a proposta de resolución en expedientes sancionadores instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio de BOE do 30 de setembro), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen do prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Coruña (Ramón y Cajal, 1-Casa do Mar, 5ª planta-A Coruña), e presentar ante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: C-1025/1995.

Denunciado: Manuel Rivas Reigosa.

Domicilio: Manuel Piñeiro Pose, 8-2º B, A Coruña.

Nº de expediente: C-1302/1995.

Denunciado: Albino Santos Varela.

Domicilio: O Son-Finca Seixas-Cee.

Nº de expediente: C-1311/1995.

Denunciado: José María Romero Meijende.

Domicilio: Camiño do Mosteiro-Mens-Malpica de Bergantiños.

A Coruña, 21 de febreiro de 1996.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

1566