Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 1996 Páx. 2.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1996 pola que anuncia, polo sistema de concurso aberto, a contratación das obras: rehabilitación do lugar de Moreda-Taboada (Lugo); 2ª fase da rehabilitación e posta en valor da igrexa de Santa María en Piñeira-Taboada (Lugo); restauración da cuberta da igrexa do mosteiro de San Xoán en Poio (Pontevedra); correccións de humidades na igrexa de San Martiño de Mondoñedo-Foz (Lugo); actuacións preparatorias para a protección de pinturas murais na igrexa de San Xiao en Moraime-Muxía (A Coruña).

A Consellería de Cultura, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, as obras que se citan:

-Rehabilitacion do lugar de Moreda-Taboada (Lugo).

Orzamento de Licitación: 8.991.680 ptas (oito millóns novecentas noventa e unha mil seiscentas oitenta pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación requirida: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

-2ª fase da rehabilitacion e posta en valor da igrexa de Santa María en Piñeira-Taboada (Lugo).

Orzamento de licitación: 13.389.378 ptas. (trece millóns trescentas oitenta e nove mil trescentas setenta e oito pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación requirida: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

-Restauracion da cuberta da igrexa do mosteiro de San Xoan en Poio (Pontevedra).

Orzamento de licitación: 14.338.413 ptas. (catorce millóns trescentas trinta e oito mil catrocentas trece pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: dous meses e medio (2,5).

Clasificación requirida: grupo K, subgrupo 7, categoría d.

-Corrección de humidades na igrexa de San Martiño de Mondoñedo-Foz (Lugo).

Orzamento de licitación: 8.976.030 ptas. (oito millóns novecentas setenta e seis mil trinta pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación requirida: grupo K, subgrupo 7, categoría c

-Actuacións preparatorias para a protección de pinturas murais na igrexa de San Xiao en Moraime-Muxía (A Coruña).

Orzamento de licitación: 9.050.812 ptas. (nove millóns cincuenta mil oitocentas doce pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación requirida: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

Nas devanditas obras non se esixe fianza provisional.

Exposición dos proxectos: os proxectos e pregos de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións: será de 26 días naturais contados a partir da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Cultura en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte, á mesma hora.

O importe dos anuncios do presente concurso correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1996.

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura

1511