Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 1996 Páx. 2.597

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA de notificación do 22 de xaneiro de 1996 de requirimento de pagamento ós debedores que se relacionan por resultaren descoñecidos os seus domicilios. (Expediente: OR-83/400, conta 19 e catro máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59-4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e domicilio que a continuación se relacionan e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido da VPO, Decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no apartado primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes, e que ascenden ás cantidades que se sinalan.

Por aplicación do artigo 142 do Regulamento de VPO antes citado, en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, concedéselles ós interesados un prazo de 10 días hábiles para que se poñan ó corrente no pagamento ou comparezan en trámite de audiencia na delegación provincial correspondente para os efectos de presentaren documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

Advírteselles que en caso contrario procederase á resolución do seu contrato e incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda para á súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Faíselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagos e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

-José Manuel Novoa Sánchez.

Expte.: OR-83/400, Estda. 19

Avda. de Santiago nº 141 - 1º C

Ourense

1.865.487 ptas.

-José Antonio de Benito Iglesias

Expte.: OR-83/400, Estda. 10

Avda.de Santiago, nº 139, bloque I, portal 139, 3º B

Ourense

1.901.749 pts.

-Mª Elena Cuíña González

Expte.: OR-80/010, Estda. 4

Grupo Pontenovo (As Lagos), bloque A, casa 1,

portal 1-2º Esq.

Ourense

339.541 ptas.

-Carlos Norberto Argüeso Muíño

Expte.: C-2-CD/68, cta. 1101

Polígono de Caranza, unidade veciñal nº 4

Parque Camilo A. Vega, bloque 16-5º Dta.

Ferrol - A Coruña

339.101 ptas.

-Albino Silva Borja

Expte.: C-1-CD/79, Estda. 569

Polígono Elviña 2ª fase (Birloque), bloque 15, 3º A

A Coruña

1.371.391 ptas.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral

2033