Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 1996 Páx. 2.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/7-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.-CC.TT. e R.B.T. en Seoane-Castrobo-Os Campos.

Situación: Cambre.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 1.572 m de lonxitude, con orixe no na liña que alimenta o C.T. Meixigo (expediente 30899) e final nos centros de transformación que se van instalar en Castrobo e Seoane. Dous centros de transformación aéreos, de 100 kVA/U e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Castrobo e Seoane. Cambre.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 25 de xaneiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

11700