Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 1996 Páx. 2.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/6-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Padreiro-Frieiro, CC.TT. e R.B.T.

Situación: Santa Comba.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 2.587'43 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 5 da liña Padreiro-Frieiro e final no lugar de Fireiro. Centros de transformación aéreos, sobre apoios metálicos, de 50 kVA/U, e tensións de 15/0'380-0'220 kV nos lugares de Xallas e Frieiro. Redes de baixa tensión a 380-220 V sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 1.360 m e 1.450 m de lonxitude desde os CC.TT. de Xallas e Frieiro respectivamente. Santa Comba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 25 de xaneiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

1703