Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 1996 Páx. 2.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/204-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Neiro-Busto.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV en LA-56, de 904 m de lonxitude, que parte da L.M.T. Polveira-Berreo (expediente 3512) e remate nos CC.TT. de Neiro e Vilariño de 50 kVA C/U. Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 25 de xaneiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

1702