Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Boaña.
Situación: Santa Comba.
Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 2.452 m de lonxitude, en LA-56, que parte da L.M.T. existente de Casas de Minas-Amarelle e final no C.T. que se vai construír en Boaña tipo aéreo de 100 kVA. Concello de Santa Comba.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 2 de febreiro de 1996.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
96-1342