Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 1996 Páx. 2.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do extravío do resgardo de depósito definitivo en metálico, número 1.082/93, do 16 de xullo de 1993, garantindo a Marka, S.L., para os efectos da expedición dun duplicado.

Producido o extravío do resgardo de depósito definitivo en metálico do 16 de xullo de 1993, co número de rexistro 1.082/93, polo importe de pesetas 132.000, garantindo a Marka, S.L., formúlase requirimento oficial e público a aquela persoa ou entidade en poder da cal poida atoparse, para que o presente, sen máis demora, nesta Subdirección Xeral do Tesouro, de tal xeito que, se transcorrido o prazo de dous meses contado a partir da data de publicación do presente anuncio non se presentara, procederase sen máis trámite á extensión dun duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante formal e suficientemente acreditado, declarándose, nese mesmo acto, a anulación do exemplar orixinal extraviado, o cal non terá valor ningún nin poderá producir efecto ningún diante da Administración nin de terceiros.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 1996.

Carlos Barrada Rodríguez

Subdirector xeral do Tesouro

1484