Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 1996 Páx. 2.583

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (120/1994-01).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que nos autos de procedemento hipotecario seguidos neste xulgado co número 120/1994, promovidos polo procurador Losada Gómez, en nome e representación do Banco Hipotecario de España, contra José Manuel Puga Fernández e Emma Álvarez Pérez, acordouse sacar a poxa pública por tres veces e por termo de vinte días cada unha delas o seguinte ben inmoble:

Urbano: piso vivenda situado no primeiro andar alto do inmoble denominado D, situado na vila do Carballiño, antiga estrada de Ourense a Pontevedra, hoxe avenida do Conde de Vallellano. Ten o seu acceso polo portal, escaleiras e ascensor. Destinarase a vivenda. Superficie útil: noventa metros cadrados. Linda: norte, voo da avenida do Conde de Vallellano; sur, corredor da planta e vivenda C; leste, vivenda letra C; e oeste, vivenda tipo E. Cota de participación: 3,30%.

Inscrito no Rexistro da Propiedade do Carballiño (Ourense), tomo 413, libro 90, folio 84, predio número 12.951 (hoxe 13.067), inscrición segunda.

A poxa terá lugar o día trinta de abril ás doce horas, na sala de audiencia deste xulgado, ó prezo

taxado na escritura de constitución de hipoteca, que é de 7.000.000 de ptas. (sete millóns de pesetas). Non concorrendo postores, sinálase para a segunda o día vintenove de maio ás doce horas, co tipo de taxación do setenta e cinco por cento do tipo da primeira; se non hai postores na segunda, sinálase para a terceira o día vinteoito de xuño ás doce horas, sen suxeición a tipo.

Fáiselles saber ós posibles licitadores que as condicións da poxa son as seguintes:

1. Non se admitirá postura inferior á cantidade de 7.000.000 de pesetas, que é o tipo pactado na mencionada escritura; en canto á segunda poxa, o setenta e cinco por cento desta suma, se é o caso; en canto á terceira poxa, admitiranse sen suxeición a tipo.

2. Tódolos postores, con excepción do acredor ou demandante, deberán consignar no establecemento destinado para o efecto unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por 100 do tipo.

3. Tódalas posturas poderán facerse en calidade de lle cede-lo remate a un terceiro e realizarse por escrito en prego pechado, desde a publicación do presente edicto ata a celebración da poxa de que se trate, depositando xunto a aquel o resgardo acreditativo de ter efectuado a consignación a que se refire a anterior condición.

4. Os autos e maila certificación rexistral a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria están de manifesto en secretaría, entendén

dose que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e preferentes, se os houber, ó crédito da actora quedarán ou continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na súa responsabilidade, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

5. Prevense que na acta de poxa se fará constar que o rematante acepta as obrigas antes expresadas e se non as acepta non lle será admitida a proposición; tampouco se admitirá postura por escrito que non conteña a aceptación expresa desas obrigas.

6. Sen prexuízo da que se leva a cabo no predio hipotecado, conforme os artigos 262 ó 279 da LEC, de non ser atopado nel, este edicto servirá igualmente para notificación ós debedores, José Manuel Puga Fernández e Emma Alvarez Peña, do triple sinalamento do lugar, día e hora para o remate.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 1996.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

1570