Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 1996 Páx. 2.574

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 27 de febreiro de 1996 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio.

Convocada por Orde do 1 de decembro de 1995 (DOG nº 242, do 20 de decembro) a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Industria e Comercio, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da dita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo vacantes nos servicio centrais da Consellería de Industria e Comercio, anunciada pola Orde do 1 de decembro de 1995 (DOG nº 242, do 20 de decembro).

Segundo.- Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo á presente orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron as prazas producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

As tomas de posesión das prazas adxudicadas deberán realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que prestan os seus servicios os funcionarios, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-O centro onde cause alta o funcionario realizará, dentro dos prazos recollidos no apartado anterior, a dilixencia de toma de posesión.

Quinto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 1996.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Apelidos e nomeNº de rexistro

persoal

Código do postoDenominación do postoDependenciaLocalidadeGrupoNivel

Dest.

Varela Losada, Jaime7669456535 A1510IC.C03.00.001.15770.005Xefe Servicio Xestión EnerxéticaDirección Xeral IndustriaSantiago de CompostelaAB28
Menéndez Suárez, Carlos0961145946 A2079IC.C03.00.001.15770.006Xefe Servicio Xestión Xeolóxico-mineiraDirección Xeral IndustriaSantiago de CompostelaAB28
Somorrostro López, Patricia3264856924 A2051IC.C03.00.002.15770.011Xefe Servicio Planificación HorizontalDirección Xeral IndustriaSantiago de CompostelaAB28
Crespo González, Natalia3275495524 A2069IC.C03.00.003.15770.004Xefe Servicio Medio AmbienteDirección Xeral IndustriaSantiago de CompostelaAB28
DesertaIC.C03.00.003.15770.005Xefe Servicio Xestión IndustrialDirección Xeral IndustriaSantiago de CompostelaAB28
Concheiro Ceide, César3277347246 A2060IC.C02.00.001.15770.033Xefe Servicio Rexistro ContratistasSec. Xral./Subd. Xral. CoordinaciónSantiago de CompostelaAB28

1669