Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 1996 Páx. 2.573

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de marzo de 1996 pola que se resolve a convocatoria, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola Orde do 16 de xaneiro de 1996 (DOG nº 22 do 31 de xaneiro de 1996).

Esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas polo Art. 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, (modificado polas leis, 4/1991 e 3/1995), da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei.

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican ós funcionarios dos que se expresan os datos no anexo desta orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron as prazas producirase no

prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión das prazas adxudicadas deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que prestan os seus servicios os funcionarios, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-As xefaturas de persoal dos centros onde cursen alta os funcionarios realizarán, dentro dos prazos sinalados nos apartados anteriores, as dilixencias de toma de posesión e seguidamente levaranse a cabo os trámites necesarios para a entrada en nómina.

Das dilixencias efectuadas darase traslado, mediante fotocopia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Denominación e código do posto: xefe de Servicio de Financiamento de Universidades e Investigación. ED.C05.00.001.15770.015.

Dependencia: Dirección Xeral de Universidades e Investigación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: B

Nivel: 28

Corpo/Escala: xeral.

Apelidos e nome: Ruiz Ortiz, Concepción. Nº R.P.: 25.919.187.02.A2051.

Denominación e código do posto: Secretaría Provincial. EC.C99.10.000.32001.030

Dependencia: delegación Ourense.

Localidade: Ourense.

Grupo: A

Nivel: 28

Corpo/Escala: xeral.

Apelidos e nome: Santos-Ascarza Tabarés, Isabel. Nº R.P.: 34.945.555.13.A2060.

96-1787