Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 1996 Páx. 2.476

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 15 de febreiro de 1996 pola que se convoca o IV certame galego de poesía, narración e ensaio Xuventude-96 Francisco Fernandez del Riego para autores novos.

O Real decreto 2434/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura, especifica no seu anexo I.B.3.h que aquela asume as competencias de promoción e organización de actividades de animación sociocultural no ámbito artístico, artesanal, turístico e de aire libre, dirixidas ós sectores da xuventude, infancia, terceira idade e sectores marxinados.

Neste marco competencial, o ámbito cultural e artístico no que respecta á xuventude é compartido conxuntamente polas consellerías de Familia, Muller e Xuventude, que a través da Dirección Xeral de Xuventude desenvolve o programa de fomento da actividade xuvenil, figurando entre os seus obxectivos básicos promociona-la actividade cultural e artística entre a nosa xuventude, e a Consellería de Cultura, a través da súa Dirección Xeral de Cultura, que ten entre outras funcións a de colaborar no desenvolvemento do teatro, a danza, artes líricas e da imaxe, así como a promoción das artes plásticas e populares, de acordo co Decreto 2/1994, do 13 de xaneiro e o Decreto 49/1994, do 4 de febreiro, polos que, respectivamente, se establece a estructura orgánica de cada unha das ditas consellerías.

Polo exposto, a Consellería de Familia, Muller e Xuventude, consciente da importancia que ten facilitar vías polas que poida manifestarse a actividade e inquedanza artística individual e colectiva da xuventude galega, e contando coa colaboración da

Consellería de Cultura dada a natureza das actividades que se van realizar, convoca unha serie de certames, concursos e mostras que abranguen un amplo abano de manifestacións de carácter artístico e artesanal e que constitúen o programa de certames e mostras Xuventude-96.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Familia, Muller e Xuventude convoca o IV certame galego de poesía, narración e ensaio xuventude-96 Francisco Fernández del Riego para autores novos, segundo as bases que se establecen no anexo I desta orde, onde se regulan os aspectos relativos á participación, condicións xerais que van rexer na respectiva convocatoria, inscricións, desenvolvemento, premios e xurado.

Artigo 2º

O certame obxecto da presente convocatoria desenvolverase a través das delegacións provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude coa colaboración das delegacións provinciais da Consellería de Cultura.

Artigo 3º

As actividades para o desenvolvemento deste certame serán custeadas con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.355B.640.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1996.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 1996.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO I

IV certame galego de poesía, narración e ensaio xuventude-96 Francisco Fernandez del Riego para autores novos

I. Bases.

1. Poden participa-los rapaces e mozos galegos ou residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 10 ós 30 anos, que non teñan publicado ningún libro, establecéndose as seguintes categorías de idade:

Categoría A: de 10 ata os 13 anos.

Categoría B: de 14 ós 17 anos.

Categoría C: dos 18 ós 30 anos.

Tódalas idades consideraranse cumpridas o 31-12-1996.

2. Establécense tres modalidades:

Poesía para as tres categorías.

Narración para as tres categorías.

Ensaio, para as categorías B e C.

3. Os concursantes deberán formula-la súa solicitude no impreso normalizado que se indica no anexo II e remitirán os seus traballos, sen asinar datos persoais, identificándoos cun lema. O lema repetirase no exterior dun sobre pechado dentro do cal figurarán o boletín de inscrición que se indica no anexo III cos datos persoais do concursante, xunto cunha fotocopia do seu DNI por ámbolos dous lados, ou fotocopia do libro de familia, na folla que corresponde ó participante.

4. Os participantes remitiranlle os orixinais ó Servicio de Xuventude da Delegación da Consellería de Familia, Muller e Xuventude da provincia na que teñan establecida a súa residencia habitual, ou na que radique o colexio, instituto ou asociación xuvenil no caso de grupos, debendo remitilos segundo o caso a:

R/ Ronda de Fingoi, s/n- 27002 Lugo.

Avda. da Habana, 81- baixo- 32004 Ourense.

R/ Durán Loriga, 9-1º- 15003 A Coruña.

R/ Benito Corbal, 47- 2º- 36001 Pontevedra.

Indicando no sobre para o certame Francisco Fernández del Riego, ata o 14 de xuño de 1996.

II. Desenvolvemento.

-Fase provincial.

De entre tódolos traballos presentados en cada provincia o xurado procederá a seleccionar aqueles que pola súa calidade consideren merecentes de concorer á seguinte fase.

-Fase autonómica.

No mes de novembro de 1996, na cidade de Lugo, procederase por parte do xurado deste certame ó nomeamento e entrega de premios ós finalistas nas distintas modalidades e categorías que se establecen nas bases.

III. Premios.

-Poesía.

1. Poemas escritos en lingua galega de tema e metro libre, cunha extensión máxima de 150 versos.

2. Establécense os premios seguintes:

* Premios:

Categoría A:

1º 25.000 pesetas, figura de Sargadelos, un lote de libros galegos e unha bolsa para asistir gratuitamente a unha quenda de campamentos organizados

pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia, Muller e xuventude, dentro da Campaña Verán-97.

2º Lote de libros galegos e figura de Sargadelos.

3º Lote de libros galegos e figura de Sargadelos.

Categoría B:

1º 50.000 pesetas, figura de Sargadelos, un lote de libros galegos e unha beca para asistir gratuitamente a unha quenda de campamentos ou campos de traballo organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, dentro da campaña Verán-97.

2º Lote de libros galegos e figura de Sargadelos.

3º Lote de libros galegos e figura de Sargadelos.

Categoría C:

1º 75.000 pesetas, figura de Sargadelos, un lote de libros galegos e unha bolsa para asistir gratuitamente a unha quenda de campamentos ou campos de traballo organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, dentro da campaña Verán-97.

2º 50.000 pesetas, figura de Sargadelos e lote de libros galegos.

3º 25.000 ptas, figura de Sargadelos e lote de libros galegos.

-Narración

1. Relatos en galego de tema libre, cunha extensión máxima de 5 folios DIN A4 mecanografados.

2. Establécense os premios seguintes:

* Premios:

Categoría A:

1º 25.000 pesetas, figura de Sargadelos, un lote de libros galegos e unha bolsa para asistir gratuitamente a unha quenda de campamentos organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, dentro da Campaña Verán-97.

2º Lote de libros galegos e figura de Sargadelos.

3º Lote de libros galegos e figura de Sargadelos.

Categoría B:

1º 50.000 pesetas, figura de Sargadelos, un lote de libros galegos e unha bolsa para asistir gratuitamente a unha quenda de campamentos ou campos de traballo organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, dentro da Campaña Verán-97.

2º Lote de libros galegos e figura de Sargadelos.

3º Lote de libros galegos e figura de Sargadelos.

Categoría C:

1º 75.000 pesetas, figura de Sargadelos, un lote de libros galegos e unha bolsa para asistir gratuitamente a unha quenda de campamentos ou campos de traballo organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, dentro da Campaña Verán-97.

2º 50.000 ptas, lote de libros galegos e figura de Sargadelos.

3º 25.000 ptas, lote de libros galegos e figura de Sargadelos.

-Ensaio.

1º Premio especial letras galegas Xesús Ferro Couselo.

Para traballos en galego, individuais ou de grupos de xoves de asociacións xuvenís, culturais ou de alumnos de BUP, COU e FP ( 40 xoves como máximo por grupo), sobre Xesús Ferro Couselo.

Os traballos presentaranse en folios Din A4 a dobre espacio.

* Premios:

Categoría B:

150.000 ptas en metálico, lote de libros e figura de Sargadelos.

Categoría C:

200.000 pesetas en metálico, lote de libros e figura de Sargadelos.

4. Os traballos premiados poderán ser difundidos pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude do xeito que estime máis conveniente.

5. Así mesmo entregarásalles a tódolos seleccionados na fase autonómica un diploma que acredite a sua participación neste certame galego de poesía, narración e ensaio, na modalidade e categoría correspondente.

IV. Xurado.

Os xurados da fase provincial serán nomeados en cada provincia polos respectivos delegados provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude e da Consellería de Cultura.

O xurado da fase autonómica será nomeado polo director xeral de Xuventude e polo director xeral de Cultura e estará composto por persoas cualificadas no ámbito literario, recaendo a secretaría nun funcionario da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude de Lugo.

A xuízo do xurado, e segundo a calidade das obras presentadas, poderanse deixar desertos algúns premios.

As contías dos premios serán únicas e indivisibles.

Contra a decisión do xurado non se poderá recorrer.

1893