Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 1996 Páx. 2.476

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 114/1996, do 7 de marzo, polo que se aproba o cambio de denominación oficial do concello de Cabana polo de Cabana de Bergantiños.

Ante as continuas confusións que se veñen producindo na tramitación dos distintos expedientes municipais perante os organismos oficiais, motivadas pola similitude fonética existente entre o Concello de Cabana e outros concellos e lugares desta Comunidade Autónoma, o Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o 28 de xullo de 1995 adoptou acordo relativo á inicia-lo expediente de troco de denominación oficial do Concello de Cabana (A Coruña), polo de Cabana de Bergantiños.

Tralo período de información pública por plazo de 30 días non se presentaron reclamacións.

Emitiu informe favorable a Deputación Provincial da Coruña e foi solicitado informe da Real Sociedade Xeográfica.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 26 de decembro de 1995, acordou aprobar con carácter definitivo o troco da denominación oficial.

Corresponde á Xunta de Galicia a competencia para aproba-lo troco de denominacións dos concellos, de conformidade co disposto nos artigos 1º.2.3

do Real decreto 1014/1979, do 13 de febreiro, artigo 11.1º do R.D. lexislativo 781/1986, do 18 de abril e artigo 26.1º do R.D. 1690/1986, do 11 de xullo.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de marzo de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Aproba-lo troco de denominación oficial do concello de Cabana (A Coruña), polo de Cabana de Bergantiños.

Santiago de Compostela, sete de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

1554