Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 1996 Páx. 2.481

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de marzo de 1996 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas, en expectativa de ingreso, e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario, na Comunidade Autónoma de Galicia.

A disposición adicional novena.3 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e o Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, establecen que o sistema de ingreso na función pública docente será o de concurso-oposición. O número 3 do artigo 5 do citado real decreto establece que a convocatoria do concurso-oposición poderá incluir tamén os distintos procedementos de acceso, procedementos regulados no Real decreto 575/1991, do 22 de abril.

Por outra banda, o artigo 39 do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, establece que as admi

nistracións educativas determinarán mediante as oportunas convocatorias as especialidades que dentro do corpo de pertenza poden adquirirse mediante o procedemento descrito no título III do precitado real decreto.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acorda anuncia-las seguintes convocatorias:

Convocatoria do procedemento selectivo de acceso e ingreso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas.

Convocatoria para a adquisición de novas especialidades no corpo de profesores de ensino secundario.

Título I

Procedementos de ingreso e acceso

Base común 1. Normas xerais

1.1. Número de prazas.

Convócanse probas selectivas para cubrir 288 prazas, en expectativa de ingreso, correspondentes ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas:

A distribución das prazas por corpos, polo sistema de cobertura e especialidades, é a seguinte:

Corpo de profesores de ensino secundario (código 590)

Código

especialidade

EspecialidadeAcceso a corpos do mesmo grupo e nivel de complemento de destinoReserva funcionarios corpos e escalas docentes grupo BPrazas reservadas discapacitadosIngreso libreTotal

01Filosofía448

02Grego336

03Latín336

04Lingua castelá e Lit.11511330

05Xeofrafía e historia11511330

06Matemáticas7714

07Física e química7714

08Bioloxía e xeoloxía5510
09Debuxo5510

10Fránces336

11Inglés11511330

16Música1101820

17Educación física11511330

53Lingua e literatura galegas1101820

101Administración de empresas1101820

105Formación e orientación laboral5510

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (código 592)

Código especialidadeEspecialidadeIngreso libreTotal

01Alemán33

11Inglés55

12Italiano22

Corpo de profesores de música e artes escénicas (código 594)

Código especialidadeEspecialidadeIngreso libreTotal

039Música de cámara22

046Piano33

055Trombón22

057Trompa22

058Trompeta11

059Tuba11

061Violín22

063Violoncello11

1.2. Normativa aplicable.

Ós presentes procedementos selectivos seranlles de aplicación:

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24), sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea; o Real decreto 850/1993, do 4 de xuño (BOE do 30), polo que se regula o ingreso e a adquisición de especialidades nos corpos de funcionarios docentes; o Real decreto 575/1991, do 22 de abril (BOE do 23), polo que se regula a mobilidade entre os corpos docentes e a adquisición da condición de catedrático, e as demais disposicións de aplicación xeral, así como o disposto na presente convocatoria.

Base común 2. Requisitos dos candidatos

Para seren admitidos ós procesos selectivos convocados nesta orde, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

2.1. Requisitos xerais.

a) Ser español ou, de acordo co establecido na Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24), sobre o acceso a determinados sectores da función pública, cidadáns dos demais estados membros da Unión Europea, te-la nacionalidade dun país membro da Unión Europea ou ser nacional de calquera dos estados nos que en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta se encontra definida no tratado constitutivo da Unión Europea.

b) Ter cumpridos os dezaoito anos e non exceder no momento do nomeamento como funcionario de carreira da idade establecida para a xubilación forzosa.

c) Estar en posesión das titulacións que se especifican na presente base. No suposto de que a dita titulación se obtivese no estranxeiro deberá terse concedida a correspondente homologación.

d) Non estar separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera das administracións públicas nin acharse inhabilitado para o desempeño de funcións públicas.

Os aspirantes a que se refire o apartado d) desta base dunha nacionalidade que non sexa a española deberán acreditar, igualmente, non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

e) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio da docencia.

f) Non ser funcionario de carreira ou en prácticas do mesmo corpo ó que se aspira a ingresar, agás que se concorra ó procedemento para a adquisición de nova especialidade a que se refire o título II da presente orde, no que poderán participar os funcionarios de carreira.

Tódolos requisitos anteriormente relacionados deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de posesión como funcionario de carreira.

2.2. Requisitos específicos para participar polo procedemento de ingreso libre.

Para participar polo procedemento de ingreso libre, os aspirantes deberán reunir, ademais das condicións xerais, os seguintes requisitos:

2.2.1. Para o corpo de profesores de ensino secundario:

a) Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de doutor, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto, ou equivalente para efectos de docencia.

Á especialidade de formación e orientación laboral poderán presentarse, ademais, os diplomados en ciencias empresariais, relacións laborais, traballo social, educación social ou equivalentes a calquera delas.

Á especialidade de administración de empresas poderán presentarse, ademais, os diplomados en ciencias empresariais.

Exclusivamente para a especialidade de música poderán concorre-los os aspirantes que posúan calquera dos títulos silnalados no artigo 1 do Real decreto 1542/1994, do 8 de xullo (BOE do 9 de agosto).

b) Estar en posesión do título profesional de especialización didáctica a que se refire o artigo 24.2º da Lei de ordenación xeral do sistema educativo ou do certificado de aptitude pedagóxica.

Están dispensados deste requisito os aspirantes que posúan o título de mestres, diplomados en profesorado de educación xeral básica, mestres de primeira ensinanza, licenciados en pedagoxía, os licenciados no INEF, os que participen polas reservas establecidas no apartados 4 e 5 desta base, así como os que pretendan ingresar nas especialidades de formación e orientación laboral e administración de empresas. Igualmente, estarán exentos os que acrediten ter prestado docencia durante dous cursos académicos completos, en centros públicos ou privados debidamente autorizados, no mesmo nivel educativo e dentro da mesma especialidade á que aspiran a ingresar.

2.2.2. Para o corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas:

Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente para efectos de docencia.

2.2.3. Para o corpo de profesores de música e artes escénicas:

Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente para efectos de docencia.

Para a especialidade correspondente poderán concorre-los aspirantes que posúan calquera dos títulos sinalados no Real decreto 1542/1994, do 8 de xullo (BOE do 9 de agosto).

2.3. Condicións específicas das prazas reservadas para os aspirantes con recoñecemento legal de discapacitado.

2.3.1. De conformidade co establecido na disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio (DOG do 1 de xuño), segundo a redacción dada pola Lei 4/1991, do 8 de marzo (DOG do 13), poderán concorrer a estas prazas as persoas que teñan a condición legal de discapacitado, sempre que reúnan as condicións xerais establecidas nesta convocatoria e, no seu momento, acrediten un grao de diminución de polo menos o 33% e a compatibilidade entre a diminución e o desenvolvemento das tarefas e funcións docentes propias do corpo ó que accedan, na correspondente especialidade, mediante certificación dos órganos competentes da Comunidade Autónoma ou, se é o caso, do Ministerio de Asuntos Sociais.

2.3.2. Os procedementos selectivos realizaranse en condicións de igualdade cos aspirantes de libre acceso, sen prexuízo das adaptacións previstas no apartado 7 da base común 5 desta convocatoria.

2.3.3. Se na realización das probas se lle presentasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios do corpo ou escala á que se opta, poderá pedi-lo correspondente dictame do órgano competente conforme o previsto no apartado 2.3.1 desta base.

Os aspirantes que concorran por esta reserva só poderán participar nunha única especialidade por este sistema.

2.4. Condicións específicas dos candidatos ás prazas reservadas para os funcionarios dos corpos e escalas docentes clasificados no grupo B.

2.4.1. Poderán participar neste procedemento selectivo, para o que se reserva un 50 por 100 das prazas convocadas, os funcionarios dos corpos e escalas docentes clasificados no grupo «B» a que se refire a vixente lexislación da función pública que, ademais das condicións xerais, reúnan os seguintes requisitos:

a) Estar en posesión ou en condicións de obte-las titulacións esixidas que para o ingreso no corpo se esixen no apartado 2.2 desta convocatoria.

b) Ter prestado, ó remate do prazo de presentación de solicitudes, servicios no seu corpo de orixe un mínimo de oito anos como funcionario de carreira.

2.4.2. Os aspirantes que opten por este procedemento de acceso non poderán concorrer á mesma especialidade polo ingreso libre. Así mesmo, só poderán concorrer a unha única especialidade por este procedemento.

2.5. Requisitos específicos para participar no procedemento de acceso a outros corpos docentes clasificados no mesmo grupo e nivel de complemento de destino.

2.5.1. Poderán participar neste procedemento os funcionarios de carreira de corpos e escalas docentes do mesmo grupo e nivel de complemento de destino daquel ó que optan, sen que se requira para iso ningún límite de antigüidade no seu corpo de orixe e sempre que posúan a titulación esixida para ingreso ó dito corpo.

2.5.2. O acceso a este corpo poderá realizarse pola mesma ou por distinta especialidade da que é titular no seu corpo de orixe.

2.5.3. Os aspirantes que opten por este sistema de acceso no poderán concorrer á mesma especialidade polo sistema de ingreso libre. Así mesmo, só poderán concorrer a unha especialidade por este procedemento.

2.6. Data na que deben posuírse estes requisitos.

Tódolos requisitos enumerados na presente base deberán posuírse no día en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata a toma de posesión como funcionario de carreira.

Base común 3. Solicitudes e pagamentos dos dereitos.

3.1.1. Os que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán presentar instancia por duplicado, conforme o modelo que estará á súa disposición nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Na instancia, que deberá ir acompañada de dúas fotocopias do documento nacional de identidade, consignaranse os códigos do corpo e disciplinas que figuran nas bases desta convocatoria.

3.1.2. Os aspirantes que aleguen estar exentos de realiza-la proba de coñecementos da lingua galega

presentarán o correspondente documento xustificativo debidamente cotexado.

Así mesmo, os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e de conformidade co disposto no apartado 7.2 da presente orde estean exentos da realización da proba previa de acreditación do coñecemento do castelán, deberán achegar para tal efecto o diploma superior de español como lingua estranxeira ou o certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas.

3.1.3. Os aspirantes deberán, así mesmo, presenta-lo documento que se xunta como anexo VI, relacionando tódolos méritos que alegan, acompañado de tódolos documentos xustificativos, na forma que se establece nos anexos I, II ou III, entendéndose que soamente se tomarán en consideración aqueles méritos debidamente xustificados durante o prazo de presentación de solicitudes.

3.2. As persoas con minusvalidez deberán indicar no escrito que lle xunten á solicitude a minusvalidez que padecen e solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para realizaren os exercicios nos casos en que estas adaptacións sexan necesarias.

3.3. As instancias dirixiranse á Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e podenrán ser presentadas:

a) No rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) En calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de acordo coas condicións establecidas no citado precepto. No caso de que se optase por presenta-la solicitude ante unha oficina de correos, farano en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

3.4. Non poderá presentarse máis dunha solicitude a non ser que se opte a máis dunha especialidade. Neste caso, deberán presentarse tantas solicitudes, e documentación xustificativa de méritos, como número de especialidades a que se opten.

3.5. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3.6. Importe e pagamento dos dereitos.

Os dereitos de exame serán de 9.180 pesetas.

O pagamento dos dereitos de exame, e se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes farase utilizando o impreso de autoliquidación sinalado no anexo IX. O dito impreso facilitaráselles ós interesados xunto co impreso de solicitude, debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo.

A non presentación deste anexo, no que figure o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante.

En ningún caso a presentación deste anexo suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

Base común 4. Admisión de aspirantes.

4.1. Lista provisional.

Transcorrido o prazo de presentación de instancias, a Dirección Xeral de Persoal fará pública no Diario Oficial de Galicia a lista provisional de admitidos e excluídos, por corpos, disciplinas e reservas. Nesta lista aparecerán, cando menos, os apelidos, nome e número de documento nacional de identidade dos aspirantes.

4.2. Reclamación contra a lista provisional.

Contra a lista provisional, os interesados poderán interpoñer, no prazo de 10 días naturais, a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e perante a Dirección Xeral de Persoal, as reclamacións que coiden oportunas, de acordo co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

4.3. Lista definitiva.

As reclamacións presentadas serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos, que igualmente se publicará no Diario Oficial de Galicia. .

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos nos procedementos que se convocan mediante a presente orde. Cando da documentación que debe presentarse no caso de ser aprobado se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puidesen derivarse da súa participación nestes procedementos.

4.4. Recurso contra a lista definitiva.

Contra a resolución que aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos, os interesados poderán interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 114 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

4.5. Reintegro dos dereitos de exame.

Os dereitos de exame seranlles reintegrados, a petición dos interesados, ós aspirantes que fosen excluídos definitivamente da realización dos procedementos selectivos, por falta dalgún dos requisitos para tomar parte nas devanditas probas.

Base común 5. Órganos de selección.

A selección dos participantes será realizada polos tribunais e, se é o caso, comisións de selección.

5.1. Tribunais cualificadores.

A Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procederá ó nomeamento dos tribunais que xulgarán o proceso selectivo, e fará pública a súa composición no Diario Oficial de Galicia.

Poderanse nomear tódolos tribunais que se xulguen necesarios. Así mesmo, excepcionalmente, poderá nomearse un só tribunal para máis dunha disciplina.

Naquelas especialidades en que o número de aspirantes o aconselle, a Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá nomear tribunais específicos que valorarán o proceso selectivo das prazas reservadas ós procedementos previstos nos apartados 4 e 5 da base 2 e no título II desta orde.

5.2. Os tribunais estarán constituídos, de acordo co determinado polo Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, por funcionarios de carreira en activo dos corpos docentes ou do corpo de inspectores ó servicio da Administración educativa. Na súa designación velarase polo cumprimento do principio de especialidade, polo que, cando sexa posible, a maioría dos seus membros deberá ser titular da especialidade obxecto do proceso selectivo.

En todo caso os membros dos tribunais pertencerán a corpos de igual ou superior grupo ó do corpo ó que optan os aspirantes.

Os tribunais estarán compostos por:

-Un presidente, designado directamente pola Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Catro vocais, designados mediante sorteo público entre os funcionarios do corpo e especialidade correspondente.

Excepcionalmente, cando as características da especialidade así o aconsellen, a Dirección Xeral de Persoal poderá proceder a designar directamente estes vocais.

5.3. Tribunais suplentes.

Para cada tribunal poderase designar polo mesmo procedemento un tribunal suplente.

5.4. Constitución dos tribunais.

5.4.1. Logo da convocatoria do presidente, constituiranse os tribunais, sendo precisa a asistencia do presidente titular, ou, se é o caso, do suplente, e de polo menos, tres vocais.

Na citada sesión acordarán tódalas decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento dos procedementos selectivos.

Actuará como secretario o vocal con menor antigüidade no corpo, agás que o tribunal acorde determinalo doutra maneira.

5.4.2. Salvo que concorran circunstancias excepcionais, que serán apreciadas pola Dirección Xeral de Persoal, unha vez constituídos os tribunais só poderán actua-los membros presentes no acto de cons

titución e abondará coa asistencia de tres deles para a validez das sesións.

5.4.3. A suplencia do presidente será autorizada pola Dirección Xeral de Persoal, segundo corresponda; a dos vocais, polo presidente que vaia actuar, tendo en conta que deberá recaer no vocal suplente respectivo, ou, no seu defecto, nos que o sigan segundo a orde en que figuren na disposición que os nomeou.

5.5. Competencias dos tribunais.

Correspóndelles ós tribunais a cualificación das probas a que se refiren os apartados 2, 3, 4, 5 e 6 da base 7 da presente convocatoria.

Naquelas especialidades en que non se constitúan comisións de selección corresponderalles ós tribunais o exercicio da competencias atribuídas a estas no apartado 9 da base común 5 desta convocatoria.

5.6. Asesores especialistas.

Os tribunais poderán solicita-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas, que se limitarán a presta-la a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores corresponderalle á Dirección Xeral de Persoal.

5.7. Adaptación de tempo e medios.

Os tribunais cualificadores adoptarán as medidas necesarias para que os aspirantes con minusvalidez gocen de similares oportunidades para a realización das probas có resto dos participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con minusvalidez que o soliciten, as adaptacións posibles de tempo e medios para a súa realización.

5.8. Comisión de selección.

Naquelas especialidades en que se nomee máis dun tribunal, constituirase unha comisión de selección de, polo menos, cinco membros, e formada polos presidentes de cada un dos tribunais.

No suposto de que o número de tribunais da especialidade fose inferior a cinco, formará parte da comisión de selección o vocal número 1 dos tribunais que sexan necesarios, empezando polo tribunal número 1, ata acada-los cinco membros.

De estaren nomeados unicamente dous tribunais, formará parte da comisión de selección o vocal número 2 do tribunal número 1.

O presidente do tribunal número 1 será o presidente da comisión de selección.

Constitución.-As comisións de selección constituiranse no prazo de corenta e oito horas desde que se constituísen os tribunais.

5.9. Competencias da comisión de selección.

Serán competencias da comisión de selección as seguintes:

a) Coordinación dos tribunais en canto á data de comezo da proba, que será simultánea.

b) Determinación dos criterios de actuación dos tribunais e a súa homoxeneización.

c) Agregación das puntuacións correspondentes ás distintas fases do procedemento selectivo, ordenación dos aspirantes e declaración dos aspirantes que superaron este procedemento.

d) Elaboración e publicación das listas de aspirantes seleccionados, así como elevación destas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

5.10. Abstención e recusación dos tribunais.

Os membros dos tribunais e comisións de selección absteranse de intervir se se desen as circunstancias sinaladas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Do mesmo xeito, de acordo co artigo 11.2º do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, deberán absterse de actuar aqueles membros que realizasen tarefas de preparación de aspirantes ós procedementos selectivos nos cinco anos anteriores a esta publicación.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal ou comisións de selección cando concorran as circunstancias previstas no parágrafo anterior, de acordo co artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

5.11. Categoría dos tribunais e comisións de selección.

Os tribunais e comisións de selección que actúen no proceso selectivo estarán incluídos, para os efectos que prevé o Decreto 299/1990, do 24 de marzo (DOG do 1 de xuño), dentro da categoría primeira.

Base común 6. Comezo e desenvolvemento das probas.

6.1. Comezo.

Estas probas selectivas non darán comezo antes do 24 de xuño de 1996.

6.2. Orde de actuación.

A actuación dos aspirantes, cando esta non sexa simultánea, realizarase pola seguinte orde:

a) Se é o caso, aspirantes que concorran polo procedemento de adquisición doutra especialidade.

b) Se é o caso, aspirantes que concorren pola quenda de prazas reservadas ós funcionarios docentes pertencentes a corpos clasificados no mesmo grupo e nivel de complemento de destino.

c) Se é o caso, aspirantes que concorren pola quenda de prazas reservadas ós funcionarios dos corpos e escalas docentes clasificados no grupo B, por orde alfabética, de acordo coas normas do parágrafo seguinte.

d) Os restantes aspirantes, por orde alfabética, comezando por aqueles que teñan como inicial do primeiro apelido a letra obtida no último sorteo, previo á dita actuación, que realice a Consellería de Presidencia e Administración Pública. Os tribunais que non conten con aspirantes nos que o primeiro apelido comece pola letra indicada, iniciarán a orde de actuación coa letra ou letras seguintes.

6.3. Citación dos aspirantes.

Os aspirantes serán convocados, a través do Diario Oficial de Galicia, para o acto de presentación, á realización da proba de coñecementos da lingua castelá, á de coñecementos da lingua galega, e á primeira das probas previstas no apartado 4 da base 7 desta convocatoria, con 10 días naturais de antelación, como mínimo, indicando data, hora e lugar en que se realizarán estes actos.

6.4. Os aspirantes serán convocados para o acto de presentación e para cada proba en único chamamento e serán excluídos do proceso selectivo os que non comparezan, salvo nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal.

6.5. Unha vez comezados os procedementos selectivos, non será obrigatoria a publicación dos chamamentos individuais ou colectivos dos aspirantes a través do Diario Oficial de Galicia. Estes anuncios deberaos facer públicos o tribunal nos locais onde se celebren as probas con 12 horas de antelación, se se trata do mesmo exercicio, ou de 24 horas se se trata dun exercicio distinto. Entre o remate dunha proba e o comezo da seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 48 horas.

6.6. Identificación dos aspirantes.

O tribunal poderá requirir en calquera momento os aspirantes para que acrediten a súa identidade.

6.7. Exclusión dos aspirantes.

En calquera momento do proceso selectivo, se os tribunais tivesen coñecemento de que algún dos aspirantes non posúe a totalidade dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia do interesado, deberá propoñe-la súa exclusión á Dirección Xeral de Persoal, poñendo no seu coñecemento as inexactitudes ou falsidades formuladas polo aspirante na solicitude de admisión ós procedementos selectivos para os efectos procedentes.

Contra a exclusión, o aspirante poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

6.8. As probas correspondentes ás especialidades de idiomas modernos desenvolveranse no idioma correspondente.

Base común 7. Sistema de selección.

7.1. Fase de concurso.

Nesta fase, que en ningún caso terá carácter eliminatorio, valoraranse os méritos que concorran nos aspirantes ó remate do prazo de solicitudes sinalado no apartado 6 da base 3, conforme ó baremo que se inclúe como anexos I, II e III desta convocatoria, de acordo cos documentos presentados polos aspirantes, segundo participen pola quenda libre ou de reserva para funcionarios dos corpos e escalas docentes do grupo B en que se estructura a función pública ou de acceso a corpos docentes clasificados no mesmo grupo e nivel de complementos de destino.

Esta valoración será efectuada en nome dos tribunais e, se é o caso, das comisións de selección, por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Poderá estar presente un representante de cada sindicato con presencia na Mesa Sectorial docente non universitaria, con voz e sen voto.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior, o apartado 3.2, do anexo II e 3.2 e 3.3 do anexo III serán valorados polos propios tribunais ou comisión de selección.

A puntuación, por apartados e por especialidades, farase pública na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais.

Contra esta puntuación poderase presentar reclamación, no prazo de dez días naturais, nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dirixida á Dirección Xeral de Persoal.

Resoltas as reclamacións procederase a publica-la puntuación definitiva de cada aspirante nos distintos apartados do baremo. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso ordinario, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

A recuperación da documentación presentada poderán realizala os aspirantes no lugar e durante o prazo que se determine na orde pola que se faga pública a lista de aprobados polos distintos procedementos selectivos, agás a documentación necesaria para o seu nomeamento como funcionario, sempre e cando non exista interposto recurso por parte dalgún aspirante, pois neste caso poderán ser retidas para efectos de comprobación ou proba. No suposto de non ser retirada no prazo sinalado entenderase que o aspirante renuncia á súa recuperación, decaendo, polo tanto, no seu dereito.

7.2. Proba de acreditación do coñecemento do castelán para os aspirantes que non posúan a nacionalidade española.

Os aspirantes que non posúan nacionalidade española deberán acredita-lo coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba na que se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua. Esta proba será a primeira que se realizará dentro do proceso selectivo.

Están exentos da realización da proba a que se refire o apartado anterior os que estean en posesión do diploma superior de español como lingua estranxeira establecido polo Real decreto 826/1988, do 20 de xullo (BOE do 29), modificado e completado polo Real decreto 1/1992, do 10 de xaneiro (BOE do 15), ou en posesión do certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas.

O contido da proba de acreditación do coñecemento do castelán será determinado por cada tribunal, tomando como referencia o disposto no anexo III do Real

decreto 826/1988, do 20 de xullo, polo que se establecen diplomas acreditativos do coñecemento do español como lingua estranxeira.

Os tribunais cualificarán esta proba de «apto» ou «non apto» e será necesario obte-la valoración de apto para poder realiza-las restantes probas.

7.3. Proba de coñecementos da lingua galega.

Esta proba, que se levará a cabo de forma escrita, consistirá en responder a varias cuestións sobre o temario de lingua galega que figura no anexo VIII e nunha traducción do castelán para o galego. Non terá carácter eliminatorio, agás no caso das especialidades de filosofía, xeografía e historia, bioloxía e xeoloxía, formación e orientación laboral e administración de empresas. A dita proba, que lles será facilitada ós tribunais pola Dirección Xeral de Persoal, deberán realizala a totalidade de aspirantes que non estean exentos e será a segunda que se realizará dentro do proceso selectivo.

Quedan exentos da realización desta proba os aspirantes que concorran para a disciplina de lingua galega e literatura e todos aqueles que superaran, con anterioridade ó peche do prazo de presentación de solicitudes, o curso de perfeccionamento en lingua galega ou conten coa súa validación feita pola Dirección Xeral de Política Lingüística ou órgano competente, os licenciados en filoloxía galaico-portuguesa e os que teñan superado o curso de especialización en lingua galega e o xustifiquen no prazo de presentación de solicitudes.

O tempo para a realización da proba será dunha hora e non se poderá utilizar diccionario. A súa cualificación será «apto» ou «non apto».

Esta proba valorarase, para os aspirantes que concorran polas especialidades nas que teña carácter eliminatorio, antes da realización da proba establecida no apartado seguinte.

Para os aspirantes das demais especialidades, poderase valorar unicamente os que resulten seleccionados segundo a base común 9 desta convocatoria, ó final do proceso selectivo.

Os aspirantes que superen o proceso selectivo nalgunha das especialidades nas que a proba de comprensión oral e escrita de lingua galega non teña carácter eliminatorio e non obteñan nela a cualificación de «apto», deberán acreditar que superaron un curso de iniciación e outro de perfeccionamento de lingua galega dos convocados pola Dirección Xeral de Política Lingüística, no prazo máximo de dous anos.

7.4. Fase de oposición nos procedementos selectivos de ingreso libre e reserva de minusválidos.

7.4.1. A valoración das probas a que se refire este apartado versará sobre os coñecementos específicos dos candidatos necesarios para impartir docencia, a súa aptitude pedagóxica e o seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente.

7.4.2. A valoración destes coñecementos levarase a cabo a través da realización polo aspirante ante o tribunal das seguintes probas:

Primeira.-Proba de contido de carácter práctico e que se axustará, para cada especialidade, ó disposto no anexo VII desta orde. O tempo asignado para a realización desta proba será establecido polos tribunais ou, se é o caso, pola comisión de selección.

Os tribunais cualificarán esta proba de cero a dez puntos. Para a súa superación os candidatos deberán obter unha puntuación igual ou superior a cinco puntos. Finalizada esta proba, os tribunais exporán no taboleiro de anuncios dos locais onde se realizou, a puntuación obtida polos aspirantes que a superaran.

Segundo.-Os aspirantes que superen a primeira proba realizarán a segunda consistente no desenvolvemento por escrito de dous temas. O primeiro dos temas será elixido polo candidato de entre dous, extraídos ó azar polo tribunal, dos correspondentes á parte A do temario. O segundo tema será extraído ó azar polo tribunal dos correspondentes á parte B do temario.

Para o desenvolvemento destes exercicios os aspirantes disporán de catro horas: dúas horas para cada un dos temas.

Os tribunais cualificarán esta proba de cero a dez puntos, correspondendo un 70 por 100 da puntuación para o primeiro dos temas e un 30 por 100 para o segundo tema. Para a superación desta proba os candidatos deberán obter unha puntuación igual ou superior a cinco puntos. Finalizada esta proba, os tribunais exporán nos taboleiros de anuncios dos locais onde se realizou as puntuacións obtidas polos aspirantes que a superasen.

Terceira.-Os aspirantes que superen a segunda proba realizarán esta terceira consistente na exposición oral dun tema elixido polo candidato entre dous extraídos ó chou por el da parte A do temario da especialidade. A exposición terá dúas partes. A primeira delas versará sobre os aspectos científicos ou de contido do tema. Na segunda, o opositor deberá facer referencia á relación do tema co currículo establecido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como ó seu tratamento didáctico. O tratamento didáctico consistirá na programación didáctica do tema elixido, ou dunha unidade didáctica extraída del, indicando en calquera caso os obxectivos, contidos, actividades de ensino e aprendizaxe e de avaliación, así como os recursos necesarios para o seu desenvolvemento.

Con esta finalidade, os candidatos poderán elixi-lo curso da educación secundaria obrigatoria ou do bacharelato sobre o que realizarán este suposto didáctico. Para as especialidades de formación e orientación laboral e administración de empresas elixirase un curso ou un ciclo formativo de formación profesional.

Os aspirantes ó corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas elixirán un curso do ciclo elemental ou superior.

Finalizada a exposición, o tribunal poderá debater co candidato sobre o contido da súa intervención.

A exposición e debate precitados terán unha duración máxima respectivamente, dunha hora e quince

minutos. O opositor disporá de dúas horas para a súa preparación, e poderá utilizar nela o material que estime oportuno.

Os tribunais cualificarán diferencialmente cada unha das dúas partes de que consta a exposición oral do tema elixido. A primeira destas partes será cualificada polo tribunal de 0 a 7 puntos e a segunda do 0 a 3 puntos.

Para o corpo de profesores de música e artes escénicas esta proba consistirá nunha clase impartida polo aspirante na que deberá mostra-la súa aptitude pedagóxica para transmiti-los seus coñecementos e dominios técnicos ós alumnos.

Para o desenvolvemento desta clase, o opositor elixirá un tema de entre dous extraídos ó azar. Rematada a exposición, o tribunal poderá debater co candidato sobre o contido da súa intervención.

Os tribunais cualificarán esta proba entre 0 e 10 puntos.

7.5. Para supera-la proba os aspirantes deberán obter unha puntuación igual ou superior a cinco puntos.

Finalizada esta proba, os tribunais facilitaranlle, se é o caso, á comisión de selección os resultados obtidos polos aspirantes que superaran tódalas probas coa finalidade de que aquela proceda á obtención da cualificación correspondente á fase de oposición. Naquelas especialidades en que non se constitúa comisión de selección, esta función será realizada polos tribunais.

A cualificación correspondente a esta fase será a media aritmética das puntuacións obtidas nas probas integrantes dela cando todas elas fosen superadas.

A puntuación obtida na fase de concurso sumaráselles unicamente a aqueles aspirantes que superasen as probas correspondentes á fase de oposición coa finalidade de obte-la puntuación global a que se refire o apartado 2 da base 9 da presente orde.

7.6. Fase de oposición nos procedementos selectivos de acceso a corpos de grupo superior.

A proba terá por obxecto valorar tanto os coñecementos sobre a materia como os recursos didácticos e pedagóxicos dos candidatos. Esta proba dividirase en dúas partes:

Primeira parte.-De contido de carácter práctico e que se axustará, para cada especialidade, ó disposto no anexo VII desta orde. O tempo asignado para a realización desta proba será establecido polos tribunais ou, se é o caso, pola comisión de selección.

Segunda parte.-Consistirá na exposición, á que seguirá un debate, ambos orais, dun tema da especialidade á que se opte, elixido polo opositor entre seis, extraídos por sorteo, de entre os que compoñen a parte A do temario da súa especialidade.

A exposición terá dúas partes. A primeira delas versará sobre os aspectos científicos do tema. Na segunda o aspirante deberá facer referencia á relación do tema

co currículo establecido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como ó seu tratamento didáctico.

O tratamento didáctico consistirá na programación didáctica do tema elixido, ou dunha unidade didáctica extraída del, indicando, en calquera caso, os obxectivos, contidos, actividades de ensino e aprendizaxe e de avaliación, así como os recursos necesarios para o desenvolvemento delas.

Con esta finalidade o aspirante poderá elixi-lo curso da educación secundaria obrigatoria ou do bacharelato sobre o que realizará ese suposto didáctico. Para as especialidades de formación e orientación laboral e administración de empresas elixirase un curso ou un ciclo formativo de formación profesional.

O candidato disporá de dúas horas para a súa preparación e poderá utiliza-lo material que estime oportuno. A exposición e o enfoque didáctico terá unha duración máxima dunha hora. A duración máxima do debate será de quince minutos.

Os tribunais cualificarán esta proba de cero a dez puntos debendo alcanza-los aspirantes para a súa superación un mínimo de catro puntos. Finalizada a proba, os tribunais procederán a sumarlles, ós aspirantes que a superaron, as puntuacións correspondentes á proba e á fase de concurso e a determinación dos aspirantes que superaron os procedementos selectivos de conformidade co previsto no apartado 1 da base 9 da presente convocatoria.

7.7. Fase de oposición nos procedementos selectivos de acceso a corpos do mesmo grupo e nivel de complemento de destino.

7.7.1. A proba consistirá, para os aspirantes que concorran por este procedemento de acceso para a mesma especialidade da que son titulares no seu corpo de orixe, na exposición seguida dun debate, ambos orais, dun proxecto docente elaborado polo candidato.

A exposición do proxecto docente terá unha duración máxima dunha hora seguida dun debate cunha duración máxima de quince minutos e será cualificado de conformidade co disposto no apartado 7.6.3 desta convocatoria.

O proxecto docente a que se fai alusión nos apartados anteriores consistirá na programación da materia para un dos cursos do novo bacharelato, ou no desenvolvemento dunha unidade didáctica para un dos cursos da educación secundaria obrigatoria, que inclúa propostas para a atención á diversidade dos alumnos, a elección do candidato.

7.7.2. Para os aspirantes que concorran por este procedemento de acceso a unha especialidade distinta da que son titulares no seu corpo de orixe, a proba realizarase conforme o que se dispón no apartado 7.4 desta convocatoria.

7.7.3. Os tribunais cualificarán esta proba de cero a dez puntos debendo acada-los aspirantes para a súa superación un mínimo de catro puntos. Finalizada a proba, os tribunais procederán a sumarlles, ós aspirantes que as superaran, as puntuacións correspon

dentes á proba e á fase de concurso e a determinación dos aspirantes que superaron os procedementos selectivos de conformidade co previsto no apartado 1 da base 9 da convocatoria.

7.8. En cada unha das probas da fase de oposición, se se trata do procedemento de ingreso libre ou na proba de valoración de coñecementos, se se trata dos procedementos de acceso, a puntuación de cada aspirante será a media aritmética das cualificacións de tódolos membros presentes do tribunal. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros do tribunal exista unha diferencia de tres ou máis enteiros serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, calculándose a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas unicamente será excluída unha delas.

7.9. Os temarios correspondentes que rexerán para a realización das probas a que se refiren os apartados 7.4, 7.5, 7.6 e 7.7, serán os indicados no anexo IV á presente orde.

7.10. Naquelas probas que non consistan nunha exposición oral ante o tribunal, os candidatos lerán os exercicios en sesión pública ante o tribunal agás naqueles casos en que pola natureza dos exercicios, os tribunais ou, se é o caso, as comisións de selección dispoñan outra cousa.

7.11. Conforme determina o Real decreto 182/1993, do 5 de febreiro (BOE do 23), os aspirantes que teñan a condición de funcionarios de organismos internacionais e posúan a nacionalidade española, quedarán exentos da realización daquelas probas que a Comisión Permanente de Homologación que se crea no mencionado real decreto considere que teñen por obxecto acreditar coñecementos xa esixidos para o desempeño dos seus postos de orixe no organismo internacional correspondente.

Con esa finalidade, a certificación de homologación prevista no artigo 7 do Real decreto 182/1993 terá que presentarse xunto coa solicitude pola que o aspirante solicita tomar parte no proceso selectivo e, con carácter excepcional, ó tribunal ó que lle corresponda xulga-los méritos e a capacidade de tódolos aspirantes, con antelación á celebración das correspondentes probas.

Nos exercicios dos que se exime os aspirantes outorgaráselle-la cualificación mínima esixida na convocatoria para a superación deles.

Os interesados poderán renunciar a esta cualificación e participar nas probas das que foron eximidos en igualdade de condicións có resto dos aspirantes á quenda libre. Tal renuncia efectuarase antes do inicio das probas selectivas.

Base común 8. Forma de cubri-las prazas de reserva.

Cada tribunal ou comisión de selección, para os efectos de cubri-las prazas obxecto da presente con

vocatoria polo proceso selectivo libre e as súas reservas, axustarase ás seguintes normas:

a) Se houbese un número suficiente de aspirantes que cumpran os requisitos mínimos para aprobar, entre os aspirantes que concorran ás prazas reservadas, a totalidade destas prazas adxudicaráselles a estes opositores, calquera que sexa a súa puntuación.

b) Aqueles opositores que concorran ás prazas reservadas para minusválidos e que, reunindo os requisitos mínimos para aprobar, excedan do número de prazas asignadas ó tribunal ou comisión de selección para esta reserva, concorrerán á formación da lista de aprobados do tribunal ou comisión de selección en igualdade de condicións cós das prazas libres segundo a súa puntuación e tal e como se determina na base común 9.

c) No caso de que existisen prazas de calquera das reservas que non puidesen ser cubertas pon non existir un número suficiente de aspirantes con puntuación mínima requirida, estas acumularanse ás libres.

Base común 9. Superación do procedemento selectivo.

9.1. Seleccionados polos procedementos de acceso a corpos docentes de grupo superior e de acceso a corpos docentes clasificados no mesmo grupo e nivel de complemento de destino.

a) Resultarán seleccionados aqueles candidatos que obteñan un mínimo de catro puntos na proba e ó ser ordenados segundo a suma das puntuacións alcanzadas no concurso e mais na proba obteñan un número de orde igual ou inferior ó número de prazas asignadas ó procedemento polo que participan.

b) Os posibles empates resolveranse atendendo sucesivamente ós seguintes criterios.

1) Maior puntuación na proba.

2) Maior puntuación no apartado 1 do baremo que se publica como anexos II e III á presente convocatoria.

3) Maior puntuación no apartado 2.

4) Maior puntuación no apartado 3.

5) Maior puntuación nos subapartados 1.1, 1.2, 2.1, 2.2, 3.1, 3.2, e 3.3 por esta orde.

6) No de que persisti-lo empate, este dirimirase por sorteo público.

9.2. Seleccionados pola quenda libre e quenda de reserva de minusválidos.

a) Superarán estes procedementos aqueles aspirantes ós que, ordenados segundo a puntuación global asignada de conformidade co disposto no artigo 31 do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, lles corresponda un número de orde igual ó número de prazas convocadas para cada un destes procedementos na correspondente especialidade.

Para a obtención da puntuación global, a comisión ponderará en dous tercios a puntuación obtida na fase de oposición a que se refire o apartado 4 da base 7 da presente orde e nun tercio a puntuación obtida na fase de concurso, resultando a puntuación global

da suma de ambas fases unha vez realizadas as ponderacións mencionadas.

b) Os posibles empates resolveranse atendendo sucesivamente ós seguintes criterios:

1) Maior puntuación na fase de oposición.

2) Maior puntuación en cada un dos exercicios da oposición, pola orde en que estes se realizaron.

3) Maior puntuación nos apartados do baremo de méritos pola orde en que estes aparecen na convocatoria.

4) Maior puntuación nos subapartados do baremo, pola orde en que estes aparecen na convocatoria.

5) No caso de que persita-lo empate, este dirimirase por sorteo público.

9.3. Orde da relación.

As comisións de selección ou, sé o caso, os tribunais confeccionarán a correspondente relación de aspirantes que superasen as probas ata o número de prazas que lles foron asignadas, figurando en primeiro lugar os aspirantes aprobados polo procedemento de acceso a corpos docentes do mesmo grupo e nivel de complemento de destino; en segundo lugar, os da quenda de acceso desde corpos de distinto grupo e en terceiro lugar, os ingresados polo quenda libre. Dentro de cada un destes grupos os aspirantes seleccionados ordenaranse de acordo co establecido nas bases anteriores.

Esta relación farase pública no taboleiro de anuncios do local ou locais en que se celebraran as probas.

Contra estas listas poderán os interesados interpoñer, de conformidade co disposto nos artigos 107 e 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso ordinario ante o director xeral de Persoal.

9.4. En ningún caso os tribunais ou, se é o caso, as comisións de selección, poderán aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido neste apartado será nula de pleno dereito.

9.5. Opción dos opositores que superen as probas en máis dunha disciplina.

Os aspirantes que superen as probas por dúas ou máis especialidades do mesmo corpo deberán optar por un dos postos, no prazo de dez días contados a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia da lista de opositores aprobados, e poderán solicitar prórroga para a realización do período de prácticas no outro posto.

De conformidade co disposto no artigo 33 do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, estes aspirantes quedarán exentos da realización da fase de prácticas na especialidade na que non a realicen cando acrediten ter prestado, alomenos, un curso escolar como funcionarios docentes de carreira.

Os aspirantes que superen, no mesmo corpo e disciplina, os procedementos selectivos convocados por

esta consellería e polo Ministerio de Educación e Ciencia ou outra Comunidade Autónoma con competencias en materia educativa, se optan polo posto de traballo correspondente ó ámbito da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, deberán presentar instancia neste sentido dirixida á Dirección Xeral de Persoal, acompañada de copia de renuncia ó outro posto de traballo, no prazo de dez días, contados a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia da lista de aspirantes aprobados.

9.6. Publicación da lista de aprobados.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicará no Diario Oficial de Galicia as listas únicas de aprobados por especialidades, segundo se detalla nos apartados anteriores.

Base común 10. Presentación de documentos.

10.1. No prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte a aquel no que se fagan públicas as listas de aprobados no Diario Oficial de Galicia, os aspirantes aprobados deberán presentar perante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título esixido para o ingreso no correspondente corpo ou certificación académica que acredite que realizaron tódolos estudios para a obtención do título, acompañada de fotocopia compulsada do recibo acreditativo conforme se efectuou o pagamento correspondente dos dereitos de expedición, agás se calquera dos dous documentos foi presentado para a súa valoración como mérito.

b) Certificado médico acreditativo de non padecer ningunha enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio da docencia.

Os aspirantes que fixesen vale-la súa condición de persoas con discapacidade deberán presentar certificación dos órganos competentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais que acredite tal condición e tamén terán que presentar certificado dos citados órganos ou da Administración sanitaria, que acredite compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.

c) Declaración xurada ou promesa de que non foron separados mediante expediente disciplinario do servicio de ningunha Administración pública e de non estar inhabilitados para o exercicio de funcións públicas, conforme ó modelo que figura como anexo V a esta convocatoria.

Igualmente, os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública, segundo o mesmo modelo do anexo V.

d) Os aspirantes que fixeron vale-la súa condición legal de discapacitado presentarán a certificación á que se fai referencia no apartado 2.3.1 desta orde.

e) Certificado de aptitude pedagóxica ou, se é o seu caso, documentación xustificativa que acredite a dispensa deste requisito.

Cando se alegue en substitución do certificado de aptitude pedagóxica docencia efectiva na especialidade correspondente durante dous cursos académicos, acreditarase, se se trata dun centro público, mediante certificación expedida polo secretario, co visto e prace do director, consignándose a especialidade, e polo director do centro, facendo constar igualmente a especialidade, co visto e prace dos servicios de Inspección Técnica Educativa, se se trata dun centro privado dos mencionados no apartado 2.2.b) desta convocatoria.

10.2. Excepcións.

Os que teñan a condición de funcionarios públicos de carreira e estean en situación de servicio activo estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento debendo presentar en tal caso unha certificación ou folla de servicios do organismo do que dependan na que se consignen de forma expresa os seguintes datos:

a) Corpo ó que pertencen, número de rexistro persoal e se está en servicio activo.

b) Lugar e data de nacemento.

c) Título académico que posúen e data de expedición.

d) Se superaron as probas para acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, certificado de aptitude pedagóxica ou certificado acreditativo de ter exercido docencia, durante dous cursos académicos, como profesor en plenitude de funcións a nivel de ensinanzas secundarias, nalgún dos centros que se citan na correspondente base específica, ou documento acreditativo de estar en posesión da titulación de profesor de educación xeral básica ou da licenciatura universitaria na especialidade de pedagoxía ou INEF.

Cando as certificacións ou follas de servicios se refiran a funcionarios que superaron o proceso selectivo polos procedementos de acceso a corpos docentes clasificados no mesmo grupo e nivel de complemento de destino ou a outro corpo docente de grupo superior, recollerán expresamente que reúnen tódolos requisitos esixidos.

Se nas certificacións non se poden facer consta-los datos sinalados nos apartados c) e d), por non estaren nos expedientes persoais dos interesados, estes deberán remitir separadamente os documentos que os acrediten.

10.3. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presenta-los documentos expresados nas bases anteriores, poderá acreditarse que se reúnen as condicións esixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admisible en dereito.

10.4. Os que dentro do prazo fixado, e salvo os casos de forza maior, non presenten a documentación ou se do exame dela se deducise que carecen dalgún

dos requisitos xerais establecidos na base común 2, non poderán ser nomeados funcionarios en prácticas nin funcionarios de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que puidesen incorrer por falsidade na solicitude inicial.

Base común 11. Nomeamento de funcionarios en prácticas.

11.1. Aspirantes en expectativa de ingreso.

Quen supere o proceso selectivo e non poida ser nomeado funcionario en prácticas por non existiren prazas vacantes terá a consideración de aspirante en expectativa de ingreso ata que aquelas se produzan.

Os aspirantes que obteñan a puntuación mínima esixida para supera-lo proceso selectivo pero non se encontren incluídos nas propostas dos tribunais ou das comisións de selección como aprobados dentro do número de prazas ofertadas na convocatoria non serán considerados en expectativa de ingreso nin poderán alegar ningún dereito, tal como establece o artigo 20 do Real decreto 2223/1984, do 19 de decembro.

11.2. Destino provisional e nomeamento de funcionarios en prácticas.

Os aspirantes que superen o procedemento selectivo quedan obrigados a incorporarse ós destinos que a Dirección Xeral de Persoal lles adxudique para a realización da fase de prácticas. No caso de non se incorporaren ós citados destinos no prazo que se estableza, entenderase que renuncian ó proceso selectivo.

Se se incorporan e reúnen as condicións requiridas para o ingreso no corpo respectivo serán nomeados funcionarios en prácticas.

Coa finalidade da adxudicación de destino de carácter provisional para a realización do período de prácticas, os aspirantes que superen o procedemento selectivo deberán efectua-la solicitude, conforme o sistema previamente publicado no Diario Oficial de Galicia por resolución da Dirección Xeral de Persoal, no prazo de cinco días naturais contado desde o día seguinte á publicación da lista de aprobados a que se fai referencia no apartado 9.3 da presente convocatoria.

11.3. Destino definitivo.

Os aspirantes que superen o proceso selectivo deberán obte-lo seu primeiro destino definitivo nun dos centros directamente xestionados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que estarán obrigados a participar nos sucesivos concursos ordinarios de traslados que se convoquen, na forma que determinen as correspondentes convocatorias.

11.4. Opción dos aspirantes que superen o proceso selectivo e estean exentos da fase de prácticas.

Os aspirantes seleccionados que estean exentos da realización da fase de prácticas por accederen por algún dos procedementos a que se alude nos apartados 2.4 e 2.5 da presente convocatoria e aqueles que acrediten ter prestado servicios, polo menos, durante un curso escolar como funcionarios de carreira poderán, non obstante, optar por ser nomeados funcionarios

en prácticas incorporándose ó destino obtido; estarán exentos da avaliación delas e permanecerán nesta situación ata o seu nomeamento como funcionarios de carreira. Os aspirantes a que se refire este parágrafo que non opten por ser nomeados funcionarios en prácticas permanecerán nos seus corpos de orixe ata seren nomeados funcionarios de carreira xunto co resto dos seleccionados da súa promoción.

11.5. No obstante o disposto no apartado anterior, os funcionarios do corpo de mestres que superen o proceso selectivo pola reserva establecida no apartado 2.4 da presente convocatoria poderán optar por permanecer no seu actual destino, como mestres, e face-la opción prevista no artigo 5.7º e disposición transitoria terceira do Real decreto 575/1991, do 22 de abril (BOE do 23), ata o momento en que se complete a implantación do ensino secundario obrigatorio.

11.6. Réxime xurídico-administrativo dos aspirantes nomeados funcionarios en prácticas.

Desde o nomeamento de funcionarios en prácticas ata o nomeamento como funcionarios de carreira, o réxime xurídico-administrativo dos opositores será o de funcionario en prácticas, sempre que estean desempeñando un posto docente. En todo caso a súa incorporación á realización das prácticas producirase con ocasión de vacante.

11.7. Aprazamento da fase de prácticas.

A Dirección Xeral de Persoal poderá, por causa xustificada e a petición do interesado, concede-lo aprazamento da fase de prácticas.

11.8. Opción da remuneración dos funcionarios en prácticas.

Os aspirantes que superen a fase do proceso selectivo e que xa estean prestando servicios remunerados na Administración como funcionarios de carreira, interinos, contratados administrativos ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán formular opción pola percepción das remuneracións durante a súa condición de funcionarios en prácticas, de conformidade co previsto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo).

Base común 12. Fase de prácticas.

12.1. Obxecto e duración da fase de prácticas.

As prácticas terán por obxecto a valoración das aptitudes didácticas dos aspirantes que aprobaron a fase de oposición.

Realizaranse nos destinos provisionais que lles correspondan co desempeño de función docente con plena validez académica.

A súa duración será de seis meses.

12.2. Características da fase de prácticas.

Cada profesor en prácticas remitirá á inspección correspondente unha programación, por unidades didácticas, da disciplina obxecto da súa oposición. De non impartir clases desa disciplina, realizará a

programación daquela na que imparte maior número de horas, indicando brevemente obxectivos, contidos básicos, exercicios prácticos, metodoloxía e avaliación.

Esta programación debe ser acorde coa programación xeral realizada polo seminario ou departamento da disciplina. O profesor en prácticas solicitará do xefe de seminario ou departamento respectivo orientación e información para a súa realización.

A programación presentada levará o visto e prace do xefe do seminario ou departamento.

A dita programación deberá ser remitida á inspección no prazo dos vinte días seguintes ó remate da fase de prácticas.

O profesor cumprirá a programación ó longo do curso, coas modificacións que considere máis oportunas para o aproveitamento dos seus alumnos ou as que o seu xefe de seminario ou inspector correspondente lle indique.

Inmediatamente despois de finaliza-lo sexto mes de docencia, cada profesor presentará perante o presidente da comisión avaliadora da fase de prácticas unha breve memoria razoada da súa actividade docente: clases, seminarios, avaliacións, titorías, etc.

12.3. As prácticas cualificaranse como «apto» ou «non apto». Con esta finalidade designaranse comisións cualificadoras.

12.4. Os aspirantes cualificados de «non aptos» na fase de prácticas perderán tódolos dereitos ó seu nomeamento como funcionarios de carreira.

Base común 13. Nomeamento de funcionarios de carreira.

Rematada a fase de prácticas, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aprobará o expediente do proceso selectivo e elevará a correspondente proposta de nomeamento como funcionarios de carreira dos corpos correspondentes ó Ministerio de Educación e Ciencia.

Título II

Procedemento de adquisición de especialidades

Convócase procedemento para que os funcionarios de carreira do corpo de profesores de ensino secundario poidan adquirir nova especialidade, de conformidade co establecido nas seguintes bases:

Base común 15. Normas xerais.

As especialidades que poderán adquirirse no corpo de profesores de ensino secundario mediante o procedemento regulado neste título serán:

Inglés

Lingua castelá e literatura

Música

Tecnoloxía

A estes procedementos seranlles de aplicación as disposicións establecidas no apartado 1.2. da presente

orde, así como as restantes bases do título I que non se opoñan ó disposto neste título.

Base común 16. Requisitos dos candidatos.

Para poder participar neste procedemento os candidatos deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario con destino no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Reuni-los requisitos que se esixen para o ingreso libre na especialidade que se pretenda adquirir.

Base común 17. Solicitudes e pagamento dos dereitos.

As solicitudes e pagamento dos dereitos formularanse conforme o establecido na base común 3 desta convocatoria.

Base común 18. Órganos de selección.

Os órganos de selección para este procedemento serán aqueles ós que se refire a base 5 da presente convocatoria e exercerán respecto deste procedemento as mesmas funcións que se enumeran na mencionada base.

Base común 19. Comezo e desenvolvemento das probas.

O comezo e desenvolvemento das probas realizarase de conformidade co disposto na base 6 desta convocatoria.

Base común 20. Sistema de selección.

20.1. A proba terá por obxecto valorar tanto os coñecementos sobre a materia como os recursos didácticos e pedagóxicos dos candidatos. Esta proba dividirase en dúas partes:

Primeira parte.-De contido de carácter práctico e que se axustará, para cada especialidade, ó disposto no anexo VII desta orde. O tempo asignado para a realización desta proba será establecido polos tribunais ou, se é o caso, pola comisión de selección.

Segunda parte.-Consistirá na exposición, á que seguirá un debate, ambos orais, dun tema da especialidade a que se opte, elixido polo opositor entre seis, extraídos por sorteo, de entre os que compoñen a parte A do temario da súa especialidade.

A exposición terá dúas partes. A primeira delas versará sobre os aspectos científicos do tema. Na segunda o aspirante deberá facer referencia á relación do tema co currículo establecido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como o tratamento didáctico del.

O tratamento didáctico consistirá na programación didáctica do tema elixido, ou dunha unidade didáctica extraída del, indicando, en calquera caso, os obxectivos, contidos, actividades de ensino e aprendizaxe e de avaliación, así como os recursos necesarios para o desenvolvemento delas.

Con esta finalidade o aspirante poderá elixi-lo curso da educación secundaria obrigatoria ou do bacharelato sobre o que realizará ese suposto didáctico.

O candidato disporá de dúas horas para a súa preparación e poderá utiliza-lo material que estime oportuno. A exposición e o enfoque didáctico terá unha duración máxima dunha hora. A duración máxima do debate será de quince minutos.

20.2. Os tribunais cualificarán a proba á que se refire o apartado anterior de «apto» ou «non apto», e obterán a nova especialidade unicamente os cualificados con «apto».

20.3. Unha vez verificado polo órgano convocante que os aspirantes que obtiveron a cualificación de «apto» reúnen os requisitos esixidos na base 16 desta convocatoria a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicará no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se declare «apto» ós aspirantes, coa indicación da nova especialidade adquirida.

20.4. Os que adquiran unha nova especialidade por este procedemento estarán exentos da fase de prácticas.

20.5. A adquisición dunha nova especialidade non supón a perda da anterior ou anteriores que se puideran posuír. Os que teñan adquirida máis dunha especialidade poderán acceder a prazas correspondentes a calquera delas a través dos mecanismos establecidos para a provisión de postos de traballo dos funcionarios docentes. De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 1701/1991, do 29 de novembro, polo que se establecen as especialidades do corpo de profesores de ensino secundario, adscríbense a elas os profesores correspondentes ó dito corpo e determínanse as áreas e materias que deberá imparti-lo profesorado respectivo. Os que adquiran unha nova especialidade por este procedemento terán preferencia, por unha soa vez, con ocasión de vacante, para seren adscritos a prazas da nova especialidade adquirida no centro no que tiveran destino definitivo, de conformidade co establecido no artigo 4 do Real decreto 1701/1991, do 29 de novembro, segundo a redacción dada pola disposición

adicional cuarta do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Ilmo. Sr. Director xeral de Persoal

ANEXO I

BAREMO PARA A VALORACIÓN DE MÉRITOS PARA INGRESO NO CORPO DE PROFESORES DE ENSINO SECUNDARIO

MéritosPuntosDocumentos xustificativos

I.Formación académica (máximo catro puntos)

1.1. Expediente académico no título alegado: valorarase exclusivamente a nota media do expediente académico do título esixido con carácter xeral e alegado para ingreso no corpo do modo que a continuación se indica:Certificación académica persoal orixinal ou fotocopia compulsada na que consten as puntuacións obtidas en tódalas disciplinas e cursos esixidos para a obtención do título alegado.

MéritosPuntosDocumentos xustificativos

Desde 6,01 e ata 7,501,000

Desde 7,51 e ata 101,500

1.2. Doutoramento e premios extraordinarios:

1.2.1. Por posuí-lo título de doutor na titulación alegada para ingreso no corpo2,000Certificación académica ou fotocopia compulsada do título de doutor ou, se é o caso, do aboamento dos dereitos de expedición, conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13).

1.2.2. Por ter obtido premio extraordinario no doutoramento0,500Documento xustificativo.

1.2.3. Por ter obtido premio extraordinario na titulación alegada para ingreso no corpo0,500Documento xustificativo.

1.3. Outras titulacións de carácter oficial.

1.3.1. Titulacións de primeiro ciclo: por cada diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica ou títulos declarados legalmente equivalentes e polos estudios correspondentes ó primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñería1,000Certificación académica ou fotocopia compulsada do título alegado para ingreso no corpo así como cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do aboamento dos dereitos de expedición conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13). No caso de estudios correspondentes ó primeiro ciclo, certificación académica na que se acredite a súa superación.

1.3.2. Titulacións de segundo ciclo: polos estudios correspondentes ó segundo ciclo de licenciaturas, enxeñerías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes1,000Certificación académica ou fotocopia compulsada do título alegado para ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do aboamento dos dereitos de expedición conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13).

1.3.3. Por titulacións de ensino de réxime especial: as titulacións das ensinanzas de réxime especial outorgadas polas escolas oficiais de idiomas e conservatorios profesionais e superiores de música:Certificación académica ou fotocopia compulsada do título alegado para ingreso no corpo así como de cantos presente como mérito, se é o caso, certificación do aboamento dos dereitos de expedición conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13).

a) Música e danza: grao medio0,500

b) Ensino de idiomas:

1) Ciclo elemental0,500

2) Ciclo superior0,500

II. Experiencia docente (máximo 3 puntos)

2.1. Por cada ano de experiencia docente no mesmo nivel educativo e especialidade á que opta o aspirante, en centros públicos0,400Certificación do secretario do centro co visto e prace do director na que debe consta-la data de toma de posesión e cesamento na especialidade, así como os documentos xustificativos do nomeamento ou fotocopia compulsada deles na que conste data de toma de posesión e cesamento e a especialidade.

2.2. Por cada ano de experiencia docente no mesmo nivel educativo e especialidade á que opta o aspirante, noutros centros0,200Certificación do director do centro co visto e prace do Servicio da Inspección Técnica, na que conste data de toma de posesión e cesamento e a especialidade.

MéritosPuntosDocumentos xustificativos

2.3. Por cada ano de experiencia docente en distinto nivel educativo ou diferente especialidade á que opta o aspirante, en centros públicos0,200Certificación do secretario do centro co visto e prace do director no que debe consta-la data de toma de posesión e cesamento e a especialidade así como os documentos xustificativos do nomeamento ou fotocopia compulsada deles na que conste data de toma de posesión e cesamento e a especialidade.

2.4. Por cada ano de experiencia docente en distinto nivel educativo ou diferente especialidade á que opta o aspirante, noutros centros0,100Certificación do director do centro co visto e prace do servicio de Inspección Técnica, na que conste data de toma de posesión e cesamento e a especialidade.

Teranse en conta un máximo de dez anos, cada un dos cales deberá ser valorado nun só dos apartados anteriores.

III. Outros méritos (máximo tres puntos).

3.1. Por cursos superados, relacionados co ensino, organizados polas administracións educativas que se atopen no pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións anteditas, así como os organizados polas universidades:

-Puntuarase 0,10 puntos por cada 10 horas de curso. Para estes efectos sumaranse as horas de tódolos cursos, non puntuándose o resto do número de horas inferiores a 10ata 2,500 puntosCertificado deles nos que conste de modo expreso o número de horas de duración do curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.

3.2. Por outras actividades de formación ou perfeccionamento, ata0,500Certificado deles

Notas:

Primeira.-Unicamente serán baremados aqueles méritos perfeccionados ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Segunda.-Para os efectos do apartado dous non poderán acumularse as puntuacións cando os servicios foran prestados simultaneamente en máis dun centro docente.

Terceira.-Nos seguintes apartados, por cada mes súmanse as seguintes puntuacións: no apartado 2.1, 0,033 puntos; no apartado 2.2. 0,016 puntos, no apartado 2.3. 0,016 puntos; e no apartado 2.4. 0,008 puntos.

Cuarta.-Para a obtención da nota media do expediente académico nos casos en que non figure a expresión numérica completa aplicaranse as seguintes equivalencias:

Aprobado: cinco puntos.

Notable: sete puntos.

Sobresaliente: nove puntos.

Matrícula de honra: dez puntos.

Aquelas cualificacións que conteñan a expresión literal «ben» consideraranse equivalentes a seis puntos. Non se terán en conta as «validadas» ou «apto».

En ningún caso se tomarán en consideración na nota media as cualificacións correspondentes a proxectos fin de carreira, teses de licenciatura ou análogas.

No caso de que non se remita a certificación académica persoal e, no seu defecto, se presente fotocopia compulsada do título ou da certificación do aboamento dos dereitos de expedición do mesmo conforme a Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13), considerarase que o aspirante obtivo a nota media de aprobado.

Quinta.-En ningún caso serán valorados polo apartado 3.1 aqueles «cursos» que teñan como finalidade a obtención dun título académico.

Sexta.-Non se valorará o curso de aptitude pedagóxica.

Sétima.-Para os efectos dos apartados 2.1. e 2.2. considerarase experiencia docente na mesma especialidade a realizada en grego e latín.

ANEXO II

BAREMO PARA A VALORACIÓN DE MÉRITOS PARA O ACCESO ÓS CORPOS DO GRUPO «A» E PROFESORES DE ENSINO SECUNDARIO DESDE CORPOS DO GRUPO «B»

MéritosPuntosDocumentos xustificativos

1.Traballo desenvolvido:

1.1. Por cada ano como funcionario de carreira do corpo desde o que se aspira ó acceso que exceda dos oito esixidos como requisito0,500 (ata 4,000)Folla de servicios certificada pola delegación provincial.

1.2.

a) Por cada ano de exercicio na función inspectora0,300Fotocopia compulsada do nomeamento, con expresión da duración real do cargo.

b) Por cada ano de exercicio como director dun centro público0,300Fotocopia compulsada do nomeamento, con expresión da duración real do cargo.

c) Por cada ano de exercicio como vicedirector, xefe de estudios, secretario, administrador ou profesor delegado nas seccións de formación profesional e outros cargos directivos0,200Fotocopia compulsada do nomeamento, con expresión da duración real do cargo.

d) Por cada ano de servicios como cargo directivo na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Ministerio de Educación e Ciencia ou departamentos de Educación das restantes comunidades autónomas, con competencias en materia educativa, con categoría de xefe de servicio ou nivel equivalente ou superior0,300Fotocopia compulsada do nomeamento, con expresión da duración real do cargo.

e) Por cada ano de titor0,200Certificación do director do centro.

MéritosPuntosDocumentos xustificativos

f) Por cada ano como coordinador pedagóxico, coordinador de ciclo/departamento, xefe de departamento, xefe de división, xefe de departamento de normalización0,200Certificación do director do centro co visto e prace da Inspección Educativa.

Por este subapartado, en ningún caso se poderán obter máis de 1,500 puntos.

2. Cursos de formación e perfeccionamento superados:

2.1. Por cada curso de formación e perfeccionamento convocados polas administracións educativas ou universidades cunha duración non inferior a 30 horas0,300

(ata 1,000)

Fotocopia compulsada do certificado de asistencia. De non figura-lo número de horas, deberá xuntarse certificado da autoridade convocante no que se faga consta-la duración en horas.

2.2. Por cada curso de formación e perfeccionamento convocados polas administracións educativas ou universidades cunha duración non inferior a 100 horas0,600 (ata 1,500)Fotocopia compulsada do certificado de asistencia. De non figura-lo número de horas, deberá xuntarse certificado da autoridade convocante no que se faga consta-la duración en horas.

3. Outros méritos.

3.1. Méritos académicos.
a) Polo grao de doutor na titulación requirida para ingreso no corpo0,750Certificación académica, ou fotocopia compulsada do título de doutor.

b) Por premio extraordinario ou de honra na titulación alegada para ingreso no corpo0,500Certificación académica, ou fotocopia compulsada do título alegado na que conste tal cualificación.

c) Por título de licenciado distinto do alegado para ingreso no corpo0,500Certificación académica ou fotocopia compulsada do título correspondente.

d) Por outro título de grao medio0,300Certificación académica ou fotocopia compulsada do título correspondente.

Por este subapartado non poderá obterse máis de 1,000 punto.

3.2. Publicacións e méritos artísticos:

a) Por publicacións de carácter didáctico sobre a disciplina obxecto do concurso ou directamente relacionadas coa organización escolarata 0,500Os exemplares correspondentes.

b) Por publicacións de carácter científico sobre a disciplina obxecto do concursoata 0,500Os exemplares correspondentes.

c) Por premios en exposicións ou concursos de ámbito galego, nacional ou internacionalata 0,250Documentos xustificativos destes.

Por este subapartado non poderá obterse máis de 0,500 puntos.

3.3. Participación en actividades:

Pola participación en cada actividade de reforma, experimentación, investigación, innovación e seminarios permanentes0,200 (ata 0,500)Documentos xustificativos da participación nas actividades.

ANEXO III

BAREMO PARA A VALORACIÓN DE MÉRITOS PARA O ACCESO A OUTROS CORPOS DO MESMO GRUPO E NIVEL DE COMPLEMENTO DE DESTINO

MéritosPuntosDocumentos xustificativos

1. Experiencia docente previaata un máximo de 4Folla de servicios certificada polo secretario do centro co visto e prace do director.

1.1. Por cada ano de servicios efectivos prestados como funcionario de carreira do corpo desde o que aspira ó acceso0,500Folla de servicios certificada polo secretario do centro co visto e prace do director.

1.2. Por cada ano de servicios efectivos prestados como funcionario de carreira doutros corpos docentes0,250Folla de servicios certificada polo secretario do centro co visto e prace do director.

2. Traballo desenvolvidoata un máximo de 4

2.1. Por ter adquirida a condición de catedrático1,000Fotocopia cotexada do documento acreditativo.

2.2. Por cada ano de servicios efectivos prestados como catedrático0,250 (ata un máximo de 1)Fotocopia cotexada do documento acreditativo.

2.3. Desempeño de cargos directivos e postos nos consellos escolares do centro.

2.3.1.

a) Por cada ano como director en centros de EXB, bacharelato unificado e polivalente, formación profesional ou centros de profesores, profesor delegado en sección de formación profesional ou xefe de estudio en extensións de bacharelato0,500Fotocopia compulsada do documento xustificativo do nomeamento con expresión da duración real do cargo.

b) Por cada ano como xefe de estudios ou secretario en centros de EXB, bacharelato unificado polivalente ou formación profesional0,300Fotocopia compulsada do documento xustificativo do nomeamento con expresión da duración real do cargo.

c) Por cada ano como vicedirector ou vicesecretario nalgún dos centros ós que se refire o apartado anterior0,200Fotocopia compulsada do documento xustificativo do nomeamento con expresión da duración real do cargo.

3. Outros méritosata un máximo de 2

3.1. Méritos académicos

3.1.1. Por cada título distinto do requirido e alegado para ingreso no corpo e de nivel superior a este0,200Certificación académica ou fotocopia compulsada do título requirido para ingreso no corpo, así como cantos alegue como mérito.

3.1.2. Por cada título do mesmo nivel do requirido e alegado para ingreso no corpo0,100Certificación académica ou fotocopia compulsada do título requirido para ingreso no corpo, así como cantos alegue como mérito.

3.1.3. Polo grao de doutor na titulación alegada para ingreso no corpo0,300Certificación académica ou fotocopia compulsada do título de doutor.

Por estes subapartados en ningún caso poderá obterse máis de 1 punto.

3.2. Publicacións, méritos artísticos e proxectos e innovacións técnicas.Os exemplos correspondentes.

MéritosPuntosDocumentos xustificativos

3.2.1. Por publicacións relacionadas coa especialidade ou coa didáctica xeralOs exemplares correspondentes.

3.2.2. Por premios en exposicións ou concursos de ámbito nacional ou internacionalDocumentos acreditativos de atoparse en posesión deles.

Por estes subapartados non poderá obterse en ningún caso máis de 0,50 puntos.

3.3. Pola participación en actividades da reforma e experimentación, investigación e desenvolvemento de experiencias pedagóxicas en centros educativosata 0,500Certificación da dirección xeral correspondentes.

ANEXO IV

TEMARIOS DAS ESPECIALIDADES

Corpo de profesores de ensino secundario.

(Parte «A» e parte «B»)

CódigoEspecialidadesTemarios

01FilosofíaBOE 21-9-1993

02GregoBOE 21-9-1993

03LatínBOE 21-9-1993

04Lingua castelá e literaturaBOE 21-9-1993

05Xeografía e historiaBOE 21-9-1993

06MatemáticasBOE 21-9-1993

07Física e químicaBOE 21-9-1993

08Bioloxía e xeoloxíaBOE 21-9-1993

09DebuxoBOE 21-9-1993

10FrancésBOE 21-9-1993

11InglésBOE 21-9-1993

16MúsicaBOE 21-9-1993

17Educación físicaBOE 21-9-1993

53Lingua galega e literaturaDOG 21-3-1995

19TecnoloxíaBOE 21-9-1993

101Adminis. de empresasBOE 13-2-1996

105Formación e orientación laboralBOE 13-2-1996

Corpo de escolas oficiais de idiomas.

(Parte «A» e parte «B»)

CódigoEspecialidadesTemarios

01AlemánBOE 21-9-1993

11InglésBOE 21-9-1993

12ItalianoBOE 21-9-1993

Corpo de profesores de música e artes escécinas.

(Parte «A» e parte «B»)

CódigoEspecialidadesTemarios

039Música de cámaraBOE 28-4-1994

046PianoBOE 28-4-1994

CódigoEspecialidadesTemarios

055TrombónBOE 28-4-1994

057TrompaBOE 28-4-1994

058TrompetaBOE 28-4-1994

059TubaBOE 28-4-1994

061ViolínBOE 28-4-1994

063VioloncelloBOE 28-4-1994

ANEXO V

......., con domicilio en... e con documento nacional de identidade número..., declaro baixo xuramento/prometo, para os efectos de ser nomeado/a funcionario/a do corpo de profesores de ensinanza secundaria, que non fun separado/a do servicio de ningunha das administracións públicas e que non estou inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas.

..................., .....de............ de 199...

Asdo.:

ANEXO VI

......., con documento nacional de identidade..., domiciliado/a para efectos de notificación en:

Localidade...., provincia..., rúa..., nº..., teléfono...

EXPOÑO:

Que solicitei ser admitido/a ó proceso selectivo para ingreso no corpo de ensino secundario, pola especialidade de..., e que alego, para o obxecto de que me sexan valorados na fase de concurso, os méritos que relaciono e xustifico documentalmente:

Méritos alegados:

Apartado 1 do baremoDocumentos xustificativos

1.1.

1.2.

1.3.

Apartado 2 do baremoDocumentos xustificativos

2.1.

2.2.

2.3.

2.4.

Apartado 3 do baremoDocumentos xustificativos

3.1.

3.2.

ANEXO VII

PROFESORES DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

Filosofía

Consistirá na realización de:

-Un comentario dun texto de época antiga ou medieval.

-Un comentario dun texto da época moderna ou contemporánea.

Grego

Consistirá na realización de:

-Traducción, con diccionario, e comentario dun texto en prosa.

-Traducción, con diccionario, e comentario dun texto en verso.

Os textos propostos deberán de ser dos autores que figuran no cuestionario que rexe para o concurso-oposición.

Latín

Consistirá na realización de:

-Traducción, con diccionario, e comentario dun texto en prosa.

-Traducción, con diccionario, e comentario dun texto en verso.

-Traducción, sen diccionario, dun texto en prosa.

Os textos propostos deberán de ser dos autores que figuran no cuestionario que rexe para o concurso-oposición.

Lingua castelá e literatura

Consistirá na realización de:

-Un comentario filolóxico dun texto anterior ó século XVIII.

-Un comentario literario dun texto dun autor do Século de Ouro.

-Un comentario lingüístico dun texto dun autor dos séculos XIX ou XX.

Xeografía e historia

Consistirá na realización dos seguintes exercicios:

-Confección e interpretación de mapas históricos.

-Comentario de textos históricos.

-Elaboración e comentario de gráficos e diagramas.

-Comentario de obras de arte.

Matemáticas

Consistirá na resolución de:

Cuestións e/ou problemas propostos polo tribunal relacionados co temario e o currículo a impartir nas etapas de ensino secundario obrigatorio e bacharelato.

Física e química

Consistirá na resolución de:

Cuestións e/ou problemas propostos polo tribunal, nos que poderán figurar supostos de experiencias de laboratorio, relacionados co temario e o currículo a impartir nas etapas de ensino secundario obrigatorio e bacharelato.

Bioloxía e xeoloxía

Consistirá na realización de:

-Identificación (macroscópica ou microscópica), interpretación e análise de representacións de individuos ou procesos naturais, biolóxicos ou xeolóxicos.

-Resolución de problemas ou cuestións de xenética, bioquímica e ecoloxía.

-Interpretación de mapas e cortes xeolóxicos.

-Exposición dos elementos (aspectos materiais, temporais, desenvolvemento, seguridade), que configuran a realización dunha práctica de laboratorio.

Debuxo

Consistirá na realización de:

-Análise formal dun modelo «Academia». Mancha e valoración. Tamaño papel 100 x 70 cm.

-Debuxo de apuntamentos do natural, retentiva e movemento. Tamaño papel 50 x 70 cm.

-Representación en perspectiva dun espacio. Formato A1.

-Exercicio de colorido e composición. Técnica libre. Tamaño papel 100 x 70 cm.

Francés

Consistirá na realización de:

-Traducción directa.

-Traducción inversa.

-Redacción na lingua estranxeira sobre un tema de actualidade.

Inglés

Consistirá na realización de:

-Traducción directa.

-Traducción inversa.

-Redacción na lingua estranxeira sobre un tema de actualidade.

Educación física

Consistirá na resolución por escrito dun ou varios supostos prácticos elaborados polo tribunal. Os ditos supostos versarán sobre os temas da parte A do temario e/ou dos bloques de contidos da educación física na ESO e no bacharelato.

Lingua galega e literatura

Consistirá na realización de:

-Comentario filolóxico dun texto medieval.

-Comentario lingüístico dun texto contemporaneo.

-Comentario literario dun texto de calquera etapa histórica ou xénero.

Música

Consistirá na realización de:

-Análise melódica, harmónica, rítmica e estilística de obras de diferentes períodos da historia da música.

-Interpretación a primeira vista, co instrumento que achegará o opositor, dunha partitura ou fragmento elixido por el entre tres propostos polo tribunal.

-Interpretación e análise musical e literaria dunha canción popular e a súa aplicación didáctica.

Tecnoloxía

A proba práctica consistirá na resolución de cuestión e problemas (numéricos, gráficos,..) relacionados co temario da oposición e/ou co currículo da ESO e do bacharelato, podendo incluí-la proposta do deseño e/ou realización práctica dun proxecto dirixido a alumnos da etapa da ESO ou do bacharelato.

Formación e orientación laboral

A proba práctica consistirá na resolución de supostos e/ou cuestións e de problemas de cálculo numérico, relacionados co temario da oposición e os currículos a impartir nos ciclos formativos de formación profesional específica.

Administración de empresas

A proba práctica consistirá na resolución de supostos de contabilidade e/ou de cuestións e problemas relacionados co temario da oposición e co currículo das distintas disciplinas que integran a materia (contabilidade, matemáticas comerciais, matemáticas financeiras, estatísticas e economía).

PROFESORES DE ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

Alemán

-Proba obxectiva de gramática e léxico.

-Explotación dun texto nos seus aspectos morfosintácticos, léxicos e funcionais.

Inglés

-Proba obxectiva de gramática, léxico e fonoloxía.

-Explotación dun texto nos seus aspectos morfosintácticos, léxicos, funcionais e fonolóxicos.

Italiano

-Proba obxectiva de gramática e léxico.

-Explotación dun texto nos seus aspectos morfosintácticos, léxicos e funcionais.

PROFESORES DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS

Música de cámara

Consistirá en:

1. Interpretación dunha sonata a dúo a elección do tribunal, dunha lista de catro obras que presentará o opositor. Na antedita lista estarán representados os seguintes estilos: clásico, romántico e contemporáneo.

2. Interpretación dun trío, a partir do período clásico, a elección do opositor.

3. Interpretación dun cuarteto ou quinteto, a partir do período clásico, a elección do opositor.

4. Análise formal, técnica e estética dunha obra ou fragmento camerístico, proposto polo tribunal.

5. Desenvolver unha clase práctica sobre un contido específico indicado polo tribunal. Este contido formará parte dos citados no deseño curricular desta especialidade (Decreto 253/1993, DOG do 25 de outubro).

Piano

Consistirá en:

1. Interpretación ó piano de catro obras dunha lista de oito que presentará o opositor, dúas por sorteo, unha elixida polo tribunal e outra polo opositor. Na antedita lista estarán representados os seguintes estilos: barroco, clásico, romántico e contemporáneo.

2. Dixitación e pedalización dunha obra ou fragmento para piano, proposto polo tribunal.

3. Análise formal, técnica e estética dunha obra ou fragmento para piano, proposto polo tribunal.

4. Desenvolver unha clase práctica sobre un contido específico indicado polo tribunal. Este contido formará parte dos citados no deseño curricular desta especialidade (Decreto 253/1993, DOG do 25 de outubro).

Trombón

Consistirá en:

1. Interpretación dun concerto para trombón e orquestra (con reducción pianística) a elección do opositor.

2. Interpretación de dúas obras para trombón dunha lista de seis que presentará o opositor, unha por sorteo e outra elixida polo tribunal.

3. Repentización dun fragmento para trombón escrito expresamente polo tribunal.

4. Interpretación de dous sós para trombón, dun repertorio de seis presentado polo opositor, a proposta do tribunal.

5. Análise formal, técnica e estética dunha obra ou fragmento para trombón, proposto polo tribunal.

6. Desenvolver unha clase práctica sobre un contido específico indicado polo tribunal. Este contido formará parte dos citados no deseño curricular desta especialidade (Decreto 253/1993, DOG do 25 de outubro).

Trompa

Consistirá en:

1. Interpretación dun concerto para trompa e orquestra (con reducción pianística) a elección do opositor.

2. Interpretación de dúas obras para trompa dunha lista de seis que presentará o opositor, unha por sorteo e outra elixida polo tribunal.

3. Repentización dun fragmento para trompa escrito expresamente polo tribunal.

4. Interpretación de dous sos para trompa, dun repertorio de seis presentado polo opositor, a proposta do tribunal.

5. Análise formal, técnica e estética dunha obra ou fragmento para trompa, proposto polo tribunal.

6. Desenvolver unha clase práctica sobre un contido específico indicado polo tribunal. Este contido formará parte dos citados no deseño curricular desta especialidade (Decreto 253/1993, DOG do 25 de outubro).

Trompeta

Consistirá en:

1. Interpretación dun concerto para trompeta e orquestra (con reducción pianística) a elección do opositor.

2. Interpretación de dúas obras para trompeta dunha lista de seis que presentará o opositor, unha por sorteo e outra elixida polo tribunal.

3. Repentización dun fragmento para trompeta escrito expresamente polo tribunal.

4. Interpretación de dous sos para trompeta, dun repertorio de seis presentado polo opositor, a proposta do tribunal.

5. Análise formal, técnica e estética dunha obra ou fragmento para trompeta, proposto polo tribunal.

6. Desenvolver unha clase práctica sobre un contido específico indicado polo tribunal. Este contido formará parte dos citados no deseño curricular desta especialidade (Decreto 253/1993. DOG do 25 de outubro).

Tuba

Consistirá en:

1. Interpretación dunha sonata para tuba e piano, a elección do opositor.

2. Interpretación de dúas obras para tuba dunha lista de seis que presentará o opositor, unha por sorteo e outra elixida polo tribunal.

3. Repentización dun fragmento para tuba escrito expresamente polo tribunal.

4. Interpretación de dous sos para tuba, dun repertorio de seis presentado polo opositor, a proposta do tribunal.

5. Análise formal, técnica e estética dunha obra ou fragmento para tuba, proposto polo tribunal.

6. Desenvolver unha clase práctica sobre un contido específico indicado polo tribunal. Este contido formará parte dos citados no deseño curricular desta especialidade (Decreto 253/1993, DOG do 25 de outubro).

Violín

Consistirá en:

1. Interpretación dun concerto para violín e orquestra (con reducción pianística) a elección do opositor.

2. Interpretación de dúas obras para violín dunha lista de seis que presentará o opositor, unha por sorteo e outra elixida polo tribunal. Na antedita lista estarán representados os seguintes estilos: barroco, clásico, romántico e contemporáneo.

3. Repentización dun fragmento para violín escrito expresamente polo tribunal.

4. Dixitación e articulación dunha obra ou fragmento para violín, proposto polo tribunal.

5. Análise formal, técnica e estética dunha obra ou fragmento para violín, proposto polo tribunal.

6. Desenvolver unha clase práctica sobre un contido específico indicado polo tribunal. Este contido formará parte dos citados no deseño curricular desta especialidade (Decreto 253/1993, DOG do 25 de outubro).

Violoncello

Consistirá en:

1. Interpretación dun concerto para violoncello e orquestra (con reducción pianística) a elección do opositor.

2. Interpretación de dúas obras para violoncello dunha lista de seis que presentará o opositor, unha por sorteo e outra elixida polo tribunal. Na antedita lista estarán representados os seguintes estilos: barroco, clásico, romántico e contemporáneo.

3. Repentización dun fragmento para violoncello escrito expresamente polo tribunal.

4. Dixitación e articulación dunha obra ou fragmento para violoncello, proposto polo tribunal.

5. Análise formal, técnica e estética dunha obra ou fragmento para violoncello, proposto polo tribunal.

6. Desenvolver unha clase práctica sobre un contido específico indicado polo tribunal. Este contido formará parte dos citados no deseño curricular desta especialidade (Decreto 253/1993, DOG do 25 de outubro).

ANEXO VIII

LINGUA GALEGA

Tema 1. Formación da lingua galega. Niveis de lingua e tratamento escolar.

Tema 2. A realidade actual da lingua: status legal e escolar. A normalización lingüística no ensino.

Tema 3. Particularidades fonéticas, morfosintácticas e léxicas do galego en relación coas linguas limítrofes. Tratamento escolar das interferencias.

Tema 4. Vocalismo e consonantismo.

Tema 5. O texto. Temas e subtemas. Esquema oracional. Oración simple e composta. Coordinación e subordinación.

Tema 6. O substantivo e o adxectivo. Oracións subordinadas substantivas. Oracións subordinadas adxectivas.

Tema 7. Pronomes persoais. Formas, funcións e colocación con respecto ó verbo.

Tema 8. Artigos, posesivos, demostrativos, numerais, indefinidos e interrogativos.

Tema 9. O verbo. Verbos irregulares. A perífrase.

Tema 10. Adverbios, preposicións, conxuncións e interxeccións. As oracións subordinadas adverbiais.

1892