Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 1996 Páx. 2.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle do cuarteirón Dr. Canoa-Travesía de Vigo

O Pleno deste Concello, na súa sesión do 23 de decembro de 1995, aprobou inicialmente o estudio de detalle do cuarteirón Dr. Canoa-Travesía de Vigo (3589/411), de iniciativa municipal, redactado polos arquitectos Javier A. Franco Rabuñal e Vicente Pintos Santiago, por encargo do concello de Vigo, coas seguintes observacións:

Estudiaranse durante a información ó público as seguintes cuestións:

a) A posibilidade de que o sólido de seis alturas situado no interior do cuarteirón non sobresaia da aliñación das edificacións existentes estremeiras;

b) O tratamento de medianís.

Aprobouse, así mesmo, a delimitación das unidades de execución UG1 e UG2 delimitadas no expediente e reflectidas no plano 7/a, fixando para ámbalas dúas o sistema de execución de compensación.

Suspéndese, ata a aprobación definitiva, as licencias de parcelación, edificación e demolición, na área abranguida por este instrumento de planeamento secundario, que vén reflectida no plano I-1 do expediente, cos seguintes límetes:

Norte: rúa Dr. Canoa.

Sur: rúa Dr. Canoa.

Leste: travesía de Vigo, entre os números 91 a 107.

Oeste: rúa Dr. Canoa.

O que se somete a información pública polo prazo de quince dias, coa publicación do anuncio no DOG, BOP, nun xornal dos de maior difusión e no taboleiro de edictos da Casa do Concello, ademais das notificacións persoais ós interesados.

A documentación do expediente está ó dispor dos interesados na oficina municipal de información urbanística, podéndose presentar alegacións desde a primeira publicación deste anuncio ata a fin do prazo de exposición, logo do derradeiro anuncio.

Vigo, 22 de xaneiro de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

96-1136