Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 1996 Páx. 2.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública da modificación do estudio de detalle do cuarteirón entre as rúas Estrada provincial, 1ª travesía da Salgueira, baixada á Salgueira e 3ª travesía da Estrada provincial.

O Pleno deste Concello, na súa sesión do 23 de decembro de 1995, aprobou inicialmente a modificación do estudio de detalle do cuarteirón entre as rúas Estrada provincial, 1ª travesía da Salgueira, baixada á Salgueira e 3ª travesía da estrada provincial (2540/411), aprobado definitivamente en sesión plenaria do 26 de marzo de 1994, modificación redactada pola oficina municipal de planeamento e consistente en rectifica-la rasante do patio de cuarteirón prevista nese estudio de detalle (cota

84), situándoa a nivel da rasante da Estrada Provincial (cota 87).

Suspéndese, ata a aprobación definitiva, as licencias de parcelación, edificación e demolición, na área abranguida por este instrumento de planeamento secundario, cos seguintes límites:

Norte: Estrada provincial.

Sur: 1ª travesía da Salgueira.

Leste: baixada á Salgueira.

Oeste: 3ª travesía da estrada provincial.

O que se somete a información pública polo prazo de quince días, coa publicación do anuncio no DOG, BOP, nun xornal dos de maior difusión e no taboleiro de edictos da Casa do Concello, ademais das notificacións persoais ós interesados.

A documentación do expediente está ó dispor dos interesados na oficina municipal de información urbanística, podéndose presentar alegacións desde a primeira publicación deste anuncio ata a fin do prazo de exposición, logo do derradeiro anuncio.

Vigo, 22 de xaneiro de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

96-1134