Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 1996 Páx. 2.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle do cuarteirón entre as rúas Urzáiz, Estremadura e Aragón.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data do 30 de novembro de 1995, o estudio de detalle do cuarteirón delimitado polas rúas Urzáiz, Estremadura e Aragón (3595/411), de iniciativa municipal, redactado polo arquitecto do Ramón Fernando Sampil Sánchez, coa indicación de que as edificacións consolidadas das que o E.D. propón o seu mantemento, deberán ter un tratamento de fachadas e medianís, aprobándose inicialmente, así mesmo, a unidade de execución delimitada no expediente (plano nº 8) que corresponde ás parcelas números 10, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 01 e 02 do plano parcelario, fixando como sistema de execución o de compensación; sométese a información pública polo prazo de quince días, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, nun dos xornais de maior circulación da provincia e máis no taboleiro de anuncios do Concello, con notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, coa indicación de que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 9 de xaneiro de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

96-1133