Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 1996 Páx. 2.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública da modificación do estudio de detalle do cuarteirón entre as rúas García Barbón, Isaac Peral, Canadelo Baixo, Callao e vía en proxecto.

O Pleno deste Concello, na súa sesión do 23 de decembro de 1995, aprobou inicialmente a modificación do estudio de detalle do cuarteirón delimitado polas rúas García Barbón, Isaac Peral, Canadelo baixo, Callao e vía en proxecto (2561/411), aprobado definitivamente en sesión plenaria do 10 de maio de 1994, modificación redactada pola ofi

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

cina municipal de planeamento e consistente en:

a) Rectifica-la aliñación prevista na rúa Callao, mantendo o seu trazado actual e axusta-la aliñación interior, e

b) Rectifica-las alturas que figuran no plano de ordenación (b+4) axustándoas ás que figuran na memoria (b+3), consonte a documentación do expediente 2561/411.

Suspéndese, ata a aprobación definitiva, as licencias de parcelación, edificación e demolición, na área abranguida polas propiedades situadas na rúa Callao -números 3, 5, 7 e 9- e na rúa travesía de Callao -números 2, 4 e 6-.

O que se somete a información pública polo prazo de quince días, coa publicación do anuncio no DOG, BOP, nun xornal dos de maior difusión e no taboleiro de edictos da Casa do Concello, ademais das notificacións persoais ós interesados.

A documentación do expediente está ó dispor dos interesados na oficina municipal de información urbanística, podéndose presentar alegacións desde a primeira publicación deste anuncio ata a fin do prazo de exposición, logo do derradeiro anuncio.

Vigo, 22 de xaneiro de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde