Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 1996 Páx. 2.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto dunha subministración sucesiva para a adquisición e distribución de paquetes preventivos, para o colectivo de ususarios de drogas por vía parenteral (UDVP).

Obxecto e orzamento: adquisición e distribución de paquetes preventivos, para o colectivo de usuarios de drogas por vía parenteral, polo importe máximo de 25.000.000 ptas., IVE incluído.

Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7 da folla de especificacións do prego de claúsulas administrativas particulares.

Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 8 da folla de especificacions do prego de claúsulas administrativas particulares.

Prazo de execución: ver apartado 2 da folla de especificaciones do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Dirección Xeral de Saúde Pública, Avda. do Camiño Francés, 10 baixo, Santiago de Compostela, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se esixe.

Admisión de variantes: non se admiten.

Presentación de proposicións: ss proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no registro xeral da consellería/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9 do prego de claúsulas administrativas.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería (en San Lázaro) a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1996.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

1655