Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 1996 Páx. 2.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Pleno do Concello de Ferrol, en sesión celebrada o vinteseis de xaneiro do actual, aprobou inicialmente o estudio de detalle promovido por Construcciones Caspra, S.L., que corresponde ó rexuste de aliñacións e ordenación de volumes na r/ Real 13-15 da Graña.

De conformidade co artigo 117.3º do texto refundido da Lei do solo, sométese a información pública durante o prazo de quince días, a partir do día seguinte á publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 5 de febreiro de 1996.

O alcalde

Selado e rubricado

9601104