Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 1996 Páx. 2.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria para adquisición de gasas, compresas e algodón (expediente 4/1996), de líquidos, liñas e agullas para o servicio de hemodiálise (expediente 5/1996) e adquisición de dializadores para hemodiálise (expediente 6/1996) para o complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios

Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso:

-Expediente 4/1996:

Obxecto: adquisición de gasas, compresas e algodón.

Orzamento: 23.985.000 ptas, IVE incluído.

-Expediente 5/1996:

Obxecto: adquisición de líquidos, liñas e agullas para hemodiálise.

Orzamento: 16.700.000 ptas, IVE incluído.

-Expediente 6/1996:

Obxecto: adquisición de dializadores para hemodiálise.

Orzamento: 25.950.000 ptas, IVE incluído.

Prazo de execución: inmediato desde a formalización do contrato, con entregas parciais do material adxudicado, segundo necesidades do centro fixadas polos servicios competentes, ata 31-12-1996.

Admisión de variantes: admitiranse como máximo dúas variantes por producto.

Garantía provisional: 2% de cada unha das partidas ás que se licite.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio, dos contratos das administracións públicas, (BOE nº 119, do 19 de maio).

Criterios de adxudicación:

-Prezo: ata 4 puntos.

-Calidade: ata 3 puntos.

-Prazo de execución e entrega: ata 2 puntos.

-Características técnicas e funcionais: ata 1 punto.

Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono (986) 81 60 23 e fax (986) 81 60 65.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións, deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma

indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizarase pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral as 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 12 de febreiro de 1996.

Juan José Equiza Escudero

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo

1610