Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 1996 Páx. 2.419

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1996 pola que se convoca a sétima edición do Curso Superior de Relacións Laborais.

O Consello Galego de Relacións Laborais, creado pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, para responder á necesidade de establecer canles institucionais de

encontro e participación entre as organizacións representativas de traballadores e empregadores, ten, entre outras competencias atribuídas pola propia lei de creación e as súas normas de funcionamento interno, a de promover inciativas que recollan estudios, debates e a difusión de cuestións relacionadas co dreito laboral e a cultura do traballo.

Conscientes da demanda, pola sociedade galega, de ensinanzas do máis alto niel no eido das relacións laborais, así como da necesidade de promover, nun mercado cada vez máis competitivo,a adaptación da xestión das empresas ó novo estilo de dirección de persoal que marca a política de recursos humanos e en virtude das facultades conferidas na disposición derradeira primeira da orde da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 15 de febreiro de 1995, pola que se establece o prezo privado que deben satisfacer, en cocepto de matrícula, os alumnos que realicen o Curso Superior de Relacións Laborais, procédese a convoca-la sétima edición do Curso Superior de Relacións Laborais que se desenvolverá segundo as seguintes bases:

Primeira.-Obxecto.

O curso pretende ser un foro de exposición e debate sobre os profundos cambios producidos na ordenación das relacións laborais que afectan non só ó mercado de traballo, senón tamén á negociación colectiva, á representación dos traballadores na empresa, á Seguridade Social e a xestión de recursos humanos, en xeral.

Seguda.-Destinatarios.

Diríxese o curso a cantos están interesados en adquirir unha especialización, perfeccionamento e/ou actualización profesional nas materias laborais e na xestión de recursos humanos e, en especial, os licenciados ou diplomados en dereito, ciencias, económicas e empresaiais, ós responsables de recursos humanos ou xefes de relacións laborais da Administración e das empresas, ós asesores e cadros dos sindicatos e organizacións empresariais, etc.

Terceira.-Contido e horas lectivas

O curso contará cun total de 168 horas lectivas distribuídas nos seguintes módulos formativos:

Módulo I. Relación individual de traballo: 36 horas.

Modulo II. Relacións colectivas de traballo: 44 horas.

Módulo III. Dereito administrativo do traballo. Saúde laboral: 16 horas.

Módulo IV. Seguridade Social: 16 horas.

Módulo V. Dereito autonómico e comunitario do traballo: 8 horas.

Módulo VI. Política de recursos humanos: 36 horas.

Para as sesións inaugurais e de clausura, conferencias, mesas redondas e outros actos está previsto un total de 12 horas.

Cuarta.-Calendario.

A inauguración do curso terá lugar o día 10 de maio e rematará o día 13 de decembro de 1996.

Os días lectivos, normalmente 2 ou 3 por semana, figuran detallados no programa que se entregará ós alumnos. O curso suspenderase desde o día 27 de xuño ata o día 12 de setembro.

As clases impartiranse nas aulas da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela e o horario normal de actividades será en sesión de tarde, desde as 16.30 ata ás 20.30 horas.

A dirección do curso poderá modifica-lo programa de desenvolvemento por curcunstancias eventuais que afecten a súa organización. Estas variacións serán anunciadas ós asistentes con suficiente antelación. Cada mes natural, entregarase unha relación dos temas que se van impartir e dos seus correspondentes relatores.

Quinta.-Inscrición e solicitudes.

a) Información.

Os alumnos que desexan matricularse no curso deberán poñerse en contacto coa Secretaría Técnica do Curso, no Consello Galego de Relacións Laborais, Praza de Vigo, 2, baixo, 15701 Santiago de Compostela, telefóno (981) 57 29 00. Telefax (981) 57 29 29, que lles facilitará a información necesaria, o programa do curso e os modelos oficiais de solicitude.

b) Prezo.

O prezo a satisfacer polos alumnos en concepto de matrícula será de 215.000 ptas. segundo o establecido na orde da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, do 15 de febreiro de 1995 (DOG 2-3) que poderá ser aboado en claquera das entidades bancarias que figuran no impreso de pagamento de prezos privados que se facilita co programa do curso.

c) Número de prazas.

O número de prazas que se convocan pola presente resolución é de 50.

d) Forma.

As solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que se facilita co programa do curso, que deberán serlle remitidas ó Consello Galego de Relacións Laborais, acompañadas do xustificante de ter efectuado o pagamento do correspondente importe da matrícula.

e) Prazo.

O prazo de admisión de solicitudes de matrícula comeza o día 25 de marzo e rematará o día 9 de maio de 1996, ou na data en que se cubra a totalidade das prazas ofertadas.

Sexta.-Asistencia e diploma.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas actividades do curso. A asistencia quedará reflectida

no correspondente parte, asinado polo alumno ó comezo e ó remate de cada sesión.

A asistencia regular ás ensinanzas programadas dá dereito á expedición do oportuno diploma pola Universidade de Santiago de Compostela e o Consello Galego de Relacións Laborais.

A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a mais do 20% das sesións académicas privará do dereito á obtención do diploma, sen prexuízo de que poida emitirse a correspondente certificación das sesións ás que concorrese.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1996.

Benigno Sánchez García

Presidente do Consello Galego de Relacións Laborais

96-1801