Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 1996 Páx. 2.419

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do pacto referente ó sector da construcción.

Visto o pacto subscrito polas centrais sindicais CC.OO UGT e a Asociación Provincial de Empresarios de Construcción da provincia de Pontevedra o día 1-2-1996, no seo da comisición deliberadora do convenio colectivo para o sector da construcción desta provincia, polo que se adecua a xornada de traballo vixente para o ano 1996. E dada a inmediata posta en vigor do devandito pacto estatutario, procede a súa inscrición, depósito e publicación como convenio colectivo, dada a súa eficacia erga omnes. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de febreiro de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta

Asistentes:

UGT

José C. Rodríguez del Río

Ramón Misa Costa

Antonio Sánchez Seoane

Ramón Carrera Morales

Lourdes Diz Lorenzo

CC.OO.

Marcos González Oliveira

Baltasar González Durán

José Laíño Paulos

Jaime Pereira Silva

Manuel González Fernández

CIG

Alberto Fernández Campo

José Juan Melón González

José Luis Pérez Lamelas

José González Méndez

APEC

Anselmo Hernández Luján

Ricardo Mirón Gutiérrez

José Manuel Conde Roque

Ricardo Mirón Gutiérrez

Fernando Vidal Ocaña

Xerente asesora:

Yolanda Carballo Muñoz

En Vigo, 1 de febreiro de 1996, na sede da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC), reúnense as persoas que figuran á marxe nas representacións que se indican, co obxecto de adecua-la xornada vixente para o ano 1996, 1.768 horas de efectivo traballo segundo prevé o Art. 71 do convenio xeral do sector da construcción. Consideraranse festivos e aboables para tódolos efectos para o sector os días 16 de maio, 26 de xullo, 16 de agosto, 11 de outubro, 31 de outubro, 24 de decembro, 30 de decembro e 31 de decembro.

Nos concellos nos que o 16 de agosto coincida coa festa local trasladarase o festivo por convenio ó 14 de agosto.

En caso de que coincidise algún outro festivo por convenio coa festa local será trasladado este ó día laborable inmediatamente anterior.

Sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión.

Rubricado

CONSELLO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS

1849