Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 1996 Páx. 2.371

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (348/1995).

O xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo e o seu partido, en resolución desta data dictada en autos de xuízo ordinario declarativo de menor contía seguidos neste xulgado co nº 348/1995, por instancia de Ramón Caamaño Rodríguez e Clemencia Gabín Varela, representados polo procurador Romero Gómez, contra José Antonio Pallas Bermúdez e herdeiros de José Pallas Gómez sobre reparación de danos causados en edificación, dictou a seguinte resolución:

Dada conta, por remitida a este xulgado a anterior demanda cos documentos acompañados e as súas copias simples, practíquense as anotacións rexistradas que procedan. Tense por comparecido e parte o procurador Antonio Romero Gómez, en nome e representación de Ramón Caamaño Rodríguez e Clemencia Gabín Varela, domiciliados en r/ Cervantes nº 9, Carballo, en virtude de poder debidamente verificado, co que se entenderán as sucesivas dilixencias na forma en que prevé a Lei procesual. Tense por promovida demanda contra José Antonio Pallas Bermúdez, domiciliado en r/ Cervantes nº 8, Carballo e herdeiros de José Pallas Gómez, domiciliado en descoñecido, e que se substanciará conforme os trámites establecidos para o xuízo odinario de menor contía. Emprácese o demandado con domicilio coñecido con entrega das copias simples de demanda e documentos acompañados, para que no termo improrrogable de vinte días compareza en autos, en legal forma, contestándoa, baixo apercibimento de que se non o

verifica será declarado en rebeldía.

Con respecto ós demandados, herdeiros de José Pallas Gómez, notifíqueselles e emprácense por medio de edictos que se publicarán no Diario Oficial de Galicia e que se fixarán no taboleiro de anuncios deste xulgado, co fin de que no prazo de dez días comparezan en forma no xuízo, baixo apercibimento de que se non o verifican serán declarados en rebeldía, dándose por precluído o trámite de contestación á demanda, seguindo o preito o seu curso. Líbrense os correspondentes despachos que se entregarán

para o seu dilixenciado e reporte ó procurador demandante.

E, ó non achega-la parte demandante copias para tódolos demandados, requírase por medio da súa representación en autos, co fin de que no termo de cinco días presente outra copia. Contra esta resolución cabe recurso de reposición no prazo de tres días contados desde a súa notificación. Así o ordena, manda e asina S. Sº. e dou fe.

E para que lle sirva de notificación e emprazamento á demandada herdeiros de José Pallas Gómez, de quen se descoñece o domicilio, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido o presente edicto que asino en Carballo, o vintecatro de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

1161