Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 1996 Páx. 2.371

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1996 pola que se nomea un novo membro do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de ATS/DUE de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 19 de xuño de 1995.

No anexo IX da Resolución do 31 de xaneiro de 1996 (DOG nº 35, do 19 de febreiro), nomeouse o tribunal cualificador para o ingreso na categoría de ATS/DUE de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 19 de xuño de 1995.

O apartado 6 da base quinta da convocatoria dispón que a autoridade convocante ordenará a publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se nomean os novos membros do tribunal que teñan que substituí-los que perderan a súa condición por algunha das causas previstas no apartado 5 da mesma base, así como os substitutos daqueles, producíndose deste xeito unha nova composición deles.

Por isto, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Modifica-lo anexo IX da Resolución do 31 de xaneiro de 1996 pola que se nomea o tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de ATS/DUE de persoal estatutario do Sergas convocado por resolución do 19 de xuño de 1995, nomeándose presidente titular ó antes presidente suplente Carlos Negreira Souto, director xeral de Recuros Humanos do Servicio Galego de Saúde e presidente suplente a Jesús Jaime Torres Rey, director xeral de atención especializada do dito organismo.

Segundo.-A presente resolución producirá efectos a partir do mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1996.

P.D. (Orde 15-9-1994)

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos

1088