Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 1996 Páx. 2.370

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 5 de marzo de 1996, do tribunal cualificador do concurso-oposición, para o ingreso na categoría de auxiliar de enfermería de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 18 de maio de 1995.

O apartado 7 da base sexta a) da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 18 de maio de 1995 (DOG nº 99, do 25 de maio) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que unha vez comenzadas a as probas, o tribunal fará públicos os anuncios de celebración dos sucesivos exercicios nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Recursos Humanos e nos das direccións provinciais do Sergas e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á indicada o seu comenzo.

Adoptado acordo polo tribunal da categoría de auxiliar de enfermería sobre as datas e lugar de celebración do segundo exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade a este no Diario Oficial de Galicia ademais de nos lugares previstos na convocatoria.

ACORDO:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición para o ingreso na categoría de auxiliar de enfermería de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde para a realización simultánea do segundo exercicio da dita fase, ás nove horas do día 29 de marzo de 1996 nas seguintes localidades e lugares:

-A Coruña: edificio Coliseum, Avda. Alfonso Molina s/n (ó lado de Continente).

-Vigo: recinto feiral de Cotogrande (ó lado do aeroporto de Peinador).

Segundo.-A sede asignada a cada aspirante é a que figura na lista que se atopa exposta ó público nos taboleiros de anuncios da Secretaría Xeral da

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos das direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, nos servicios de persoal dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública do Servicio Galego de Saúde e nos servicios de persoal das administracións das xerencias de atención primaria do Servicio Galego de Saúde.

Terceiro.-Os aspirantes deberán ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro.

Cuarto.-En uso da facultade outorgada ó tribunal polo apartado 5 da base sexta a) da convocatoria, acórdase puntuar negativamente as respostas erróneas a razón de 0,25 puntos por cada unha.

Quinto.-O presente acordo poderá ser impugnado polos interesados nos termos previstos na base décima da convocatoria.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1996.

Francisco Villar García-Moreno

Presidente do tribunal

1725