Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 1996 Páx. 2.357

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 1/198/96, interposto pola Asociación de Médicos Substitutos de Lugo (Amesu) ó amparo da Lei 62/1978, de protección xurisdiccional dos dereitos fundamentais da persoa.

Notificóuselle á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se reclama o expediente relativo ó recurso nº 1/198/1996, interposto pola Asociación de Médicos Substitutos de Lugo (Amesu) contra o

pacto sobre nomeamentos e contratos temporais do persoal estatutario nas institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde (DOG nº 14, do 19 de xaneiro de 1996).

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 62/1978, do 26 de decembro, de protección xurisdiccional dos dereitos fundamentais da persoa, a remisión do citado expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer e constituírse en parte en autos na sección primeira da referida sala no prazo de cinco días.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 1996.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos

1428