Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 1996 Páx. 2.358

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 1/1930/95, interposto pola Asociación de Médicos e Practicantes Interinos de Galicia.

Notificóuselle ó Servicio Galego de Saúde providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se reclama o expediente relativo ó recurso nº 1/1930/95, interposto pola Asociación de Médicos e Practicantes Interinos de Galicia contra o Decreto 269/1995, do 5 de outubro (DOG nº 200, do 18 de outubro), polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 1995 do persoal funcionario incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, e contra o Decreto 200/1993, do 29 de xullo (DOG nº 167, do 31de agosto), de ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer e constituírse en parte en autos na sección primeira da referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 1996.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos

1550