Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 1996 Páx. 2.357

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Recusos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo nº 3/9866/95, interposto polo Colexio Oficial de Médicos da Coruña.

Notificóuselle á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais Providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se reclama o expediente relativo ó recurso nº 3/9866/95, interposto polo Colexio Oficial de Médicos da Coruña contra a Orde do 9 de outubro de 1995 (DOG nº 199, do 17 de outubro) pola que se regula a coordinación da atención urxente extrahospitalaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer e constituírse en parte en autos na Sección Terceira da referida Sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 1996.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos

1427