Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 1996 Páx. 2.340

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1996, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas no Decreto 252/1992, do 30 de xullo.

O Decreto 252/1992, do 30 de xullo, regula a elaboración de listas con persoal interesado en cubrir vacantes que se poidan producir, tanto en postos reservados a funcionarios como a persoal laboral, e ata que se proceda á súa provisión con funcionarios ou laborais fixos.

En aplicación do exposto, solicitado o informe pertinente da comisión de persoal, esta dirección xeral resolve realiza-la presente convocatoria:

Obxecto.

Base 1ª.

O obxecto da presente convocatoria é a elaboración das listas relativas á categoría de restaurador/a (grupo II, categoría 31) con aquelas persoas interesadas na cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo na Administración da Xunta de Galicia cando esta se considere de urxente necesidade, mentres non sexan ocupados por persoal laboral fixo.

1.1. Para a cobertura dos postos e respectando a orde de prelación dos integrantes da lista, serán chamados aqueles que conten coa especialidade requirida para cada caso concreto.

Base 2ª.

Elaboraranse catro listas de ámbito provincial.

Base 3ª.

As solicitudes que presenten os interesados para a súa inclusión na correspondente lista dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería de Presidencia e Administración Pública e axustaranse ó modelo que se publica como anexo II desta convocatoria.

3.1. O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días contados desde o seguinte ó da publicación da presente convocatoria no DOG e poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería de Presidencia e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Conse

llería de Presidencia e Administración Pública, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3.2. Cada interesado só poderá presentar solicitude para ser incluído nunha lista concreta referida a un ámbito territorial determinado.

3.3. Para poder participar na presente convocatoria os aspirantes deberán aboar, conforme o modelo que figura no anexo IV, en concepto de taxas a seguinte cantidade: 8.025 pesetas.

Os modelos correspondentes ó anexo IV facilitaranse nas dependencias da administración da Xunta de Galicia relacionadas na base 3.1, nos que se fará consta-la clave 30.03.00.

Base 4ª.

Os solicitantes deberán reuni-los requisitos que se determinan no anexo I. Os citados requisitos deberán reunirse o último día do prazo para a presentación de solicitudes.

4.1. Así mesmo deberá acreditarse:

-Ser español.

-Ter feitos os 18 anos.

-Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

Documentación.

Base 5ª.

Os méritos que invoquen os interesados e que, de acordo co baremo que figura como anexo III - B da presente convocatoria, desexen que se lles teñan en conta, así como o cumprimento dos requisitos esixidos, acreditaranse debidamente mediante documentos orixinais ou fotocopias que se presentarán cotexadas fidedignamente, debendo figurar e numerarse de acordo co modelo do anexo III - A da presente convocatoria, significando que non se valorarán aqueles méritos que a comisión permanente de selección para postos de persoal laboral considere que non estiveran suficientemente acreditados.

Non obstante o anterior, os méritos a que se refire o apartado b) do anexo III - B acreditaranse mediante certificación xustificativa que deberá ser emitida polos órganos de xestión de persoal respectivos. Así mesmo xuntaranse, no suposto do apartado c) do citado anexo, fotocopias cotexadas dos contratos respectivos e do documento de cotización á Seguridade Social.

Elaboración das listas.

Base 6ª.

A comisión permanente de selección para postos de persoal laboral, á que se refire o artigo 5 do Decreto 252/1992, do 30 de xullo, e que ten a categoría 1ª, será a encargada de elabora-las listas correspondentes. A petición da comisión permanente, e cando o número de aspirantes así o faga aconsellable, poderán nomearse comisións colaboradoras, e a súa función será participar na aplicación do baremo ós méritos alegados polos interesados.

6.1. Para a elaboración de tales listas, a comisión permanente de selección seguirá os criterios e o baremo que figura como anexo III da presente convocatoria.

6.2. De acordo co establecido no artigo 4.1º do Decreto 252/1992, a comisión permanente de selección poderá fixar un número máximo de compoñentes de cada lista cando, polo número de instancias presentadas e o número de vacantes que se prevexa que poidan producirse, aquel pareza suficiente.

6.3. Unha vez elaboradas, as listas serán expostas nos taboleiros de anuncios do Servicio de Información Administrativa nos servicios centrais da Xunta de Galicia, nos das respectivas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nas correspondentes oficinas comarcais desta consellería en servicios periféricos.

Disposición transitoria

En aplicación do artigo único do Decreto 116/1993, do 3 de xuño, polo que se modifica a D.T. do Decreto 252/1992, e, concretamente, polo que se refire ó disposto no punto b) do artigo 12 do Decreto 252/1992, por non estar rematados os procesos selectivos en curso, poderá alterarse de oficio en canto sexa posible a aplicación do punto a) do citado artigo.

Diposición adicional

De acordo co previsto no artigo 5.5º e concordantes do Decreto 252/1992, as distintas delegacións provinciais antes de solicita-la designación do traballador correspondente para cubri-la oportuna praza, deberán contar coa autorización expresa da secretaría xeral respectiva, que se xuntará á correspondente solicitude.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1996.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Grupo: II.

Categoría: 31.

Requisitos: diplomado da escola superior de conservación e restauración de bens culturais ou licenciado en belas artes (especialidade restauración).

ANEXO III-A

Para os efectos do baremo aplicable para a elaboración das listas para a cobertura de postos con carácter temporal, acredita os méritos que a seguir se especifican, acompañando a documentación xustificativa destes.

1. Servicios prestados na Administracion da Xunta de Galicia na categoría de restaurador/a:

Anos, Meses, Días

2. Servicios prestados noutras administracións públicas e referidos ós últimos cinco anos, na categoría de restaurador/a:

Anos, Meses, Días,

3. Servicios prestados na empresa privada referidos ós últimos cinco anos, na categoría de restaurador/a:

Anos, Meses, Días,

4. Cursos de formación ou perfeccionamento, realizados con aproveitamento impartidos pola sadministracións públicas, universidades ou INEM e relacionados coas funcións propias da categoríoa de restaurador/a:

Denominación do cursoOrganismo que o impartíu

5. Título/s académico/s que posúe:

5.1. Requirido na convocatoria:

Denominación

Centro de expedición

Data

5.2. Outro/s título/s:

DenominaciónCentro de expediciónData

6. Grao de coñecemento do idioma galego (cursos ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria):

Sinalar cun X:

Iniciación, Perfeccionamento

7. Tempo acreditado como demandante de emprego:

Anos, Meses, Días,

En................, ......... de.............. de 199....

ANEXO III-B

BAREMO APLICABLE PARA A ELABORACIÓN DE LISTAS CORRESPONDENTES Ó GRUPO II, CATEGORÍA 31 (RESTAURADOR/A), Ó AMPARO DO DECRETO 252/1992, DO 30 DE XULLO

1. Servicios prestados na Administración da Xunta de Galicia na categoría 31 (restaurador/a): 0,15 p/mes.

2. Servicios prestados noutras administracións públicas na categoría 31 (restaurador/a) e referidos ós últimos 5 anos: 0,10 p/mes.

3. Servicios prestados na empresa privada na categoría 31 (restaurador/a) e referidos ós últimos 5 anos: 0,05 p/mes.

A suma da puntuación dos apartados 1, 2 e 3 non poderá exceder de 5 puntos.

4. Por cada curso de formación ou perfeccionamento realizado con aproveitamento e impartido polas administracións públicas, universidade ou INEM e relacionado coas funcións propias da categoría 31 (restaurador/a): 0,20 puntos/curso, ata un máximo de 2 puntos.

5. Por posuír unha titulación académica distinta e independente da requirida na convocatoria como requisito imprescindible para o acceso:

-Título de doutor: 2 puntos.

-Título de liccenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente: 1,50 puntos.

-Título de enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico ou equivalente: 1,00 puntos.

-Título de bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente: 0,50 puntos.

-Graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente: 0,25 puntos.

Só se computará a titulación de máis nivel das alegadas.

6. Polo coñecemento acreditado do idioma galego:

-En grao de iniciación: 0,50 puntos.

-En grao de perfeccionamento: 0,75 puntos.

Só se valorará o grao superior alegado. Así mesmo, só se concederá validez ós cursos ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística.

7. Por cada mes acreditado como demandante de emprego: 0,01 puntos/mes, ata un máximo de 1 punto.

1505