Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.208

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (8/1996-3).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en resolución desta data, nos autos de terceira, mellor dito, menor contía nº 00008/1996-3, seguidos neste xulgado, por instancia de Mª Luisa Castiñeiras Tarrío, representada pola procuradora Mª Rita Goimil Martínez, contra Banco de Galicia, S.A., Antonio Fernández Vázquez e Elisa Gutiérrez Fernández, emprázanse os demandados Antonio Fernández Vázquez e Elisa Gutiérrez Fernández para que no termo de dez días comparezan en autos en legal forma con avogado que os defenda, coa prevención de que se non comparecen, serán declarados en rebeldía e recaerán sobre eles o prexuízo a que houberen lugar en dereito.

E para que sirva de emprazamento ós demandados Antonio Fernández Vázquez e Elisa Gutiérrez Fernández, expido o presente edicto que asino en Santiago de Compostela o 9 de febreiro de 1996.

A secretaria

Rubricado

1263