Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.208

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DO PORRIÑO

EDICTO (307/1995).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous do Porriño fai saber: que no expediente de suspensión de pagamentos número 307/1995, de Galega de Granitos, sociedad anónima, e por auto desta data, foi decretado o estado de suspensión de pagamentos e a insolvencia provisional de Galega de Granitos, sociedad anónima, con DNI/CIF A-36124907 domiciliada na estrada do Porriño-Pontellas (O Porriño) e se convocan os acredores á xunta xeral, que terá lugar na sala de audiencia deste xulgado o próximo día doce de abril de mil novecentos noventa e seis, ás dez da mañá. Prevese ós acredores de que poderán concorrer persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente e faise extensivo o presente edicto ós acredores que non sexan atopados no seu domicilio cando sexan citados na forma previda no artigo 10 da vixente Lei de suspensión de pagamentos.

Dado no Porriño a vintesete de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Selado e rubricado

1430