Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.208

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (52/1990).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe que no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 52/1990, dictouse a sentencia, que ten un encabezado e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 29 de decembro de 1995, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz, titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil de xuízo executivo, seguido neste xulgado co número 52/1990 no que actuou como demandante Caixa de Aforros de Galicia representado polo procurador Jesús Raposo Quintas e asistido polo letrado Rafael Pardo Pedernera e como demandado Moblar Gallega, S.A., Francisco Souto Romero, María Dolores Castro Castro e Francisca Souto Romero declarados rebeldes nas actuacións.

Decido que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens da demandada ata facer trance e remate os bens embargados e co seu producto enteiro e cumplido pagamento á entidade actora da cantidade de 2.505.920 ptas. de principal e xuros, máis xuros moratorios pactados, custas e gastos, calculándose sen prexuízo de ulterior liquidación para xuros, custas e gastos a suma de 500.000 ptas.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación perante a Audiencia Provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgado en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado. Rubricado».

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde Moblar Gallega, S.A., Francisco Souto Romero, María Dolores Castro Castro e Francisca Souto Romero, expido e asino a presente resolución en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 1996.

A secretaria

Rubricado

1131