Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.207

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (26/1996-3).

En virtude do acordado por este xulgado nos Autos de Pobreza, número 00026/1996-3, promovidos por

Mª Luisa Castiñeiras Tarrío, contra Banco de Galicia, S.A., Antonio Fernández Vázquez, Elisa Gutiérrez Fernández e Xunta de Galicia, sobre beneficio de xustiza gratuíta. Por medio da presente cédula cítase a Antonio Fernández Vázquez e Elisa Gutiérrez Fernández, co fin de que comparezan na sala de audiencia deste xulgado o próximo día 1 de abril ás 10 das súas horas, debendo concorrer, para este efecto, cos medios de proba de que intenten valerse, baixo apercibimento de que, se non comparecen, recaerá, na súa rebeldía, o prexuízo a que houber lugar en dereito, de acordo co artigo 729 da LAC. Atópanse á súa disposición na secretaría deste xulgado a demanda e documentos achegados.

E para que sirva de citación en forma ós mencionados demandados e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1996.

O secretario

Rubricado

9601045