Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.207

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (223/1995-00).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 223/1995, a pedimento de Manuel Piteira Fernández, contra Mohamed Djamal e Said Lounes, e nas súas actuacións, en resolución desta data, se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o dous de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

En nome de S.M. El-Rei. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, despois de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas número 223/1995, sobre furto, no que foron partes, como denunciantes María Teresa Gómez Fernández, Blanca María Carnota Almón e Manuel Piteira Fernández e, como denunciados, Mohamed Djamal e Said Lounes, dos que as súas circunstancias persoais constan en autos e o Ministerio Fiscal, pronuncio esta sentencia.

Decisión: que debo absolver e absolvo libremente a Mohamed Djamal e Said Lounes da falta pola que se lles denunciou neste procedemento, e declaro de oficio as custas procesuais causadas na primeira instancia.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso de apelación por escrito, presentado ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a súa notificación, na forma e cos requisitos que establece o artigo 795 da Lei de axuízamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará testemuño literal ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados Mohamed Djamal e Said Lounes, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 1996.

Rubricado

1157