Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 1996 Páx. 2.206

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (501/1995).

En virtude do acordado por providencia desta data recaída nos autos de xuízo declarativo de menor contía nº 501/1995, notificáselles ás entidades deman

dadas Academia Mac, S.L. e Génesis Publicidad, S.A., a sentencia dictada nestes, que ten como encabezamento e parte dispositiva o que segue:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instanica número un, desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía, seguidos neste xulgado baixo o nº 501/1995, entre partes, dunha como demandante, Javier García Rodríguez, maior de idade, casado, veterinario, veciño do Pino, Ferreiros, que actúa en representación da sociedade de gananciais formada por el e a súa esposa María Teresa Iriso Delicado, representada en autos polo procurado Fernández Pérez, asistido do letrado Barreiro Suárez, e doutra como demandados, Banco de Santander, S.A., domiciliado en Santander, representado en autos polo procurador Paz Montero, asistido do letrado Sabín Sabín e contra as entidades Academia Mac, S.L. e Génesis Publicidad, S.A., incomparecidas e en situación procesual de rebeldía, sobre tercería de dominio por dependencia do xuízo executivo nº 386/1992.

Decido que considerando a demanda formulada polo procurador Fernández Pérez, en nome e representación de Javier García Rodríguez, contra Banco de Santander, S.A., a que representa o procurador Paz Montero, avido á demanda, Academia Mac, S.L. e Génesis Publicidade, S.A., incomparecidas e en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro o levantamento do embargo trabado no xuízo executivo que, co nº 386/1992, se segue perante este órgano xudicial, sobre o predio que se describe no feito primeiro da demanda (nº 11781 inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela ) e a súa pertenza ó demandante. Todo iso sen efectuará especial pronunciamento en custas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicado no mesmo día da súa data.

E para que sirva de notificación ás entidades demandadas Academia Mac, S.L. e Génesis Publicidad, S.A., declaradas en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG que asino en Santiago de Compostela o vintenove de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

9601158