Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 1996 Páx. 2.129

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 85/1996, do 7 de marzo, polo que se nomea presidente do Consello Social da Universidade de Vigo.

A Lei 5/1987, do 27 de maio, do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario de Galicia, dispón, no artigo 4,que o presidente do Consello Social será nomeado polo Consello da Xunta de Galicia de entre os membros representantes dos intereses sociais, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

O artigo 9.3º da citada lei establece que as vacantes producidas por causa de morte, incapacidade ou renuncia dos membros do Consello Social serán cubertas polo mesmo procedemento establecido nesta lei verbo da súa designación e polo tempo que reste de mandato.

O Decreto 98/1995, do 31 de marzo (DOG nº 74, do 18 de abril de 1995), no seu artigo 1º.II nomea membro do Consello Social da Universidade de Vigo, en representación dos intereses sociais de Galicia a Armando Priegue Guerra. Así mesmo, o artigo 2

do mesmo decreto nomea a Armando Priegue Guerra presidente do citado órgano colexiado.

Producido o pasamento do presidente deste Consello Social da Universidade de Vigo, cómpre cubri-la vacante, de acordo co establecido no referido artigo 9.3º.

Na súa virtude, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta formulada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria segundo o establecido no artigo 7 da Lei 5/1987, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día sete de marzo de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear membro do Consello Social da Universidade de Vigo, cubrindo a vacante deixada por Armando Priegue Guerra dentro da cota de designación da Xunta de Galicia para os representantes dos intereses sociais a Alfonso Zulueta de Haz.

Artigo 2º.

Nomear presidente do Consello Social da Universidade de Vigo a Alfonso Zulueta de Haz.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

952