Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 1996 Páx. 2.129

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 84/1996, do 29 de febreiro, polo que se nomea a Domingos Rafael Merino Mejuto como miembro do Consello Asesor de RTVE en Galicia.

De acordo co establecido no artigo 8, apartado 2º, da Lei 10/1983, do 9 de decembro, reguladora do Consello Asesor de RTVE en Galicia, e de conformidade coa designación efectuada polo Parlamento de Galicia na súa sesión do día 13 de febreiro de 1996,

DISPOÑO:

Nomear membro do Consello Asesor de RTVE en Galicia, logo do coñecemento do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de febreiro de mil novecentos noventa e seis, a Domingos Rafael Merino Mejuto.

Santiago de Compostela, vintenove de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

1802